Bruxelas, 28 de abril de 2016. Durante a segunda xornada da sesión plenaria do Parlamento Europeo que está a ter lugar este xoves, abordouse a primeira hora da mañá, en presenza do Consello e a Comisión Europea, os aspectos xurídicos, o “control democrático” e a aplicación do vergoñento acordo establecido entre a UE e Turquía para xustificar a través dun marco legal a flagrante vulneración de dereitos humanos que supón este indignante pacto.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, subliñou este xoves na Eurocámara que este pacto, “así como o maltrato e a humillación ca que se está a recibir ás persoas demandantes de asilo”, pon de manifesto “un novo prisma”, como sinalou o representante do Consello Klaas Dijkhoff no debate, mais un novo prisma que reflicte o feito de que “o peor da condición humana apoderouse das institucións europeas”. Senra tamén coincidiu con Klaas en que este acordo “non ten precedentes”, porque, matizou a eurodeputada galega, “nunca antes a Comisión e o Consello tiñan dado tanto aval a políticas contrarias aos dereitos humanos, violentas e ilegais contra as persoas que buscan asilo”.
“Pídolles que deixen de ser os sicarios do Capital, que poñan fin aos conflitos que vostedes mesmos provocan, alentan ou apoian para defender os intereses das transnacionais e que son a causa desta grave situación”, recriminou a eurodeputada galega. “Poñan fin a esta Europa neoliberal, recuperen a democracia e os valores de solidariedade e respecto aos dereitos humanos”, esixíu.
Fronte ao vergoñento espectáculo de legalización da vulneración dun dereito básico como é o de asilo, así recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos, Lídia Senra esixiu ao Parlamento Europeo “empregar todos os recursos para por fin a esta vergoña e a todo o sufrimento que está a causar”.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



