Burela, 28 de Abril de 2016.- O BNG burelao cre que o a problemática que se vai tratar no pleno extraordinario deste venres á mañá, ven a darlle a razón acerca da súa postura sobre a condición pública que deben ter os servizos básicos. Así, o goberno municipal propón no órgano colexiado a incoación do expediente de resolución do contrato coa concesionaria Celta Prix, encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e que está inmersa fase de liquidación.
O mais rechamante son as continuas mentiras e incumprimentos da empresa, mesmo semella que burlándose dos veciños. “Presenta un informe no que acredita 4 condutores adscritos ó servizo pero ningún vehículo, como se os veciños e as veciñas de Burela non foramos quen de percibir como se leva a cabo a recollida” destacou Mario Pillado, o voceiro do BNG.
Atendendo ó que figura na documentación para este pleno, xa se acredita que comezaron mentindo no ano 2002 posto que prometeron melloras no servizo que non se levaron a cabo e foi con esas melloras coas que accederon ó contrato no concello burelao, co permiso do PP no goberno. “Cando se colocan os servizos públicos a disposición do sector privado as consecuencias son tan graves como estamos a comprobar; o BNG xa cando comezou o contrato estaba en contra desta xestión e agora seguimos mantendo que os servizos básicos deben ser de xestión pública, sen especulacións” sinalou Pillado.
Semella que esta situación explica a taxa de recollida do lixo de Burela
Fai poucas datas o BNG facíase eco da abultada taxa de recollida de lixo da vila con respecto ás da súa contorna, máis todos estes feitos semella que abren un pouco de luz neste tema. “Existía o compromiso de construír unha nave e de mercar unha máquina limpa praias, pero o único que os veciños poden ver é como a taxa de recollida do lixo subiu cada ano e se colocou no mais alto entre todos os concellos da Mariña, mentes o servizo e de igual calidade ou peor que fai 14 anos” recalca o voceiro nacionalista.
O BNG apoiará a proposta do goberno municipal de resolver o contrato por tratarse do primeiro trámite de cara a remunicipalizar o servizo. “Todas as trabas e obstáculos que poida poñer a concesionaria para que o servizo volva a ser público, non son mais que outra razón para seguir nesa liña posto que se está a demostrar que miran por intereses totalmente opostos ós do conxunto dos veciños” finalizou Pillado.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



