Cervo, 28 de abril de 2016.- O auditorio da Casa da Cultura, en San Cibrao, acollerá este sábado, día 30, ás 20 horas un espectáculo de flamenco. Esta actuación forma parte da programación Cervo, a carón da cultura organizada polo Concello para este mes de abril.
Neste espectáculo actuarán o guitarrista gaditano Miguel Flores, a cantaora coruñesa Sandra Calderón e o bailaor Isaías Salazar, natural de Ferrol.
Miguel Flores naceu en Cádiz en 1975, pero sendo moi novo trasladouse a vivir a Ceuta, onde tomou o seu primeiro contacto co flamenco tocando a guitarra coa familia xitana Serranito, coa que actuou no Festival Flamenco de Ceuta. Continuou a súa formación acompañando ao baile na academia Amor de Dios, de Madrid, e tomou clases con Óscar Herrero, Aquilino Fernández Entri e Rubén Díaz. Compartiu escenario con artistas como Narf, Guadi Galego, Iria Peña ou Monste Rivera.
Sandra Calderón xa cantaba jazz con só 11 anos de idade. Estudou na Escola Municipal de Música da Coruña, foi vocalista do cuarteto Acuña´s Cuartet e participou en numerosos seminarios de jazz na cidade herculina e na High School Music and Drama, de Londres. Compartiu escenario con artistas como Brian Trainor, Scott Stroman, Nikki Iles ou Brian Abrahams. Aínda que na súa traxectoria musical participou en variados estilos a súa gran paixón dende nena é o flamenco e colaborou en numerosas ocasións para escolas e festivais deste arte. En novembro de 2012 participou como cantaora nos exames nacionais de flamenco en Madrid.
Isaías Salazar chegou a compartir escenario con artistas como Duquende. A súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas de este arte, seguindo a escola dos Farruco.
A concelleira de Cultura cervense, Dolores García Caramés, explicou que “con este acto aproveitamos para celebrar o Día Internacional da Danza, que se conmemora mañá, venres, día 29, cun espectáculo de flamenco, algo que é pouco habitual nesta zona”.
A entrada para asistir ao espectáculo do sábado no auditorio da Casa da Cultura, en San Cibrao, é gratuíta.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



