Cervo, 3 de maio de 2016.- Este martes foi inaugurada na Casa da Cultura de San Cibrao unha exposición de pintura con obras da artista local Yesenia Cao. Esta mostra, incluída na programación cultural do Concello de Cervo, estará aberta ao público ata o día 27 deste mes. No acto de apertura participou a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés.
Yesenia Cao naceu en Viveiro no ano 1992, pero dende moi nova reside na localidade cervense de Rueta. Estudou Primaria no CEIP de Cervo, ESO no IES Marqués de Sargadelos e Bacharelato no IES Monte Castelo, de Burela, na modalidade de Artes. Posteriormente cursou Ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso, da Coruña, onde obtivo o título de técnico superior en Ilustración. Ultimamente estivo traballando na Casa do Mar de San Cibrao como bolseira, e realizou deseños para diferentes proxectos.
A artista explica: “gustábame debuxar e dende moi nena souben que quería dedicarme a iso. Foi entón cara aos dez anos cando comezou a espertar en min esa vocación e o desexo de ter algún día as miñas propias obras. Ós once anos realizaba os meus primeiros lenzos, experimentando o contacto co óleo e o marabilloso mundo da pintura, unha paixón que formaría parte do meu futuro e que, de seguro, me arrastrará de por vida”.
A edil de Cultura comentou que “o Concello de Cervo aposta por todos os que queiran expoñer a súa arte aquí e especialmente polos novos creadores que se queren introducir neste mundo, como é o caso de Yesenia. Animámolos a que mostren a súa obra, xa que é unha forma de dar a coñecer os seus traballos, tanto de pintura como de escultura, fotografía, etcétera”.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



