Lourenzá, 12 de maio de 2016.- O Concello de Lourenzá conmemora o Día das Letras Galegas con actividades que se celebrarán o vindeiro luns en Vilanova e o martes no Pazo de Tovar.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou este xoves que “o Concello de Lourenzá programa, para conmemorar o Día das Letras Galegas, unha serie de actos cos que busca render homenaxe ás nosas letras e ó autor homenaxeado: Manuel María, o poeta da Terra Cha. Os actos comezarán o luns, día 16 de maio, con dúas actividades dirixidas especialmente ó público infantil: ás seis da tarde, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, levarase a cabo ás seis da tarde no salón de actos municipal o espectáculo titulado Babacontos con Manuel María. Da man da actriz Larraitz Urruzola os nenos e nenas gozarán dunha sesión de contos e poesías de Manuel María. Empregando as ferramentas da narración oral tradicionais coñecerán poemas contidos no libro Os soños na gaiola nas súas versións cantadas e o conto Bigote de Mimí. Ó remate, sobre as sete da tarde, levarase a cabo a entrega dos premios do certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2016, que na súa fase local organiza a Biblioteca Municipal de Lourenzá. Así mesmo os asistentes poderán visitar a exposición dos debuxos realizados polos participantes no certame mencionado anteriormente, que leva por título Canta bichería.”
A rexedora municipal engadiu que “o martes, 17 de maio, os actos levaranse a cabo no Pazo de Tovar. Ás sete e media da tarde inaugurarase a exposición Imaxinando Cantares Gallegos, cedida polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, que permanecerá no Pazo durante un mes. Ó seu remate sobre as oito da tarde, os e as laurentinos poñerán a súa voz nun recital poético dedicado a Manuel María”.
En canto á exposición Rocío López explicou que “28 artistas galegos ilustraron, a través de 33 pezas, os versos da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, para conformar a mostra Imaxinando Cantares Gallegos, que é unha inmellorable oportunidade para redescubrir unha das obras fundamentais de Rosalía de Castro ao tempo que se goza da obra de distintos artistas galegos. Entre as ilustracións que se poden ver na exposición, realizadas con diferentes técnicas creativas, atópanse recreacións de poemas como Has de Cantar, Adios ríos, adios fontes ou Airiños, airiños, aires.”




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



