IX XORNADAS DO PEREGRINO “ABRINDO CAMIÑO”
Venres 24 de xuño
“O CAMIÑO DO NORTE E MONDOÑEDO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE” “fam treep” con editores de guias do Camiño de Santiago en España e no estranxeiro.
09.30 Horas. Recepción e Visita-Guiada ao “CENTRO DE INTERPRETACION DO CAMIÑO NORTE” de Mondoñedo
10.00 Horas. NO CENTRO DO CAMIÑO NORTE OU NO AUDITORIO MUNICIPAL. PRESENTACIÓN DAS XORNADAS. SAÚDAS INSTITUCIONAIS.
ANÁLISE HISTÓRICA E PROXECCIÓN AUDIOVISUAL DO CAMIÑO DO NORTE E DA VARIANTE MARITIMA NA COMARCA DE A MARIÑA
COLOQUIO: A VISIÓN DO CAMIÑO NORTE POLOS REPRESENTANTES DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E POLOS EDITORES DE GUIAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
“O CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO E A VARIANTE MARITIMA POLA BASILICA DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO (FOZ) “.
12.00 Horas: PERCORRIDO EN AUTOCAR E A PÉ CON VISITAS GUIADAS POLA VARIANTE MARÍTIMA E POLO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO (PREVIA INSCRICION – PRAZAS LIMITADAS)
ITINERARIO E VISITAS:
Pola mañá:
– AREA RECREATIVA E PAISAXISTICA DE “A FERVENZA” DE VILOALLE-MONDOÑEDO. (Ponte sobre o río Tronceda, pozas, cascadas, piscina fluvial e restos da antiga fábrica de luz “Electricista Mindoniense” 1892-1906, unha das mais antigas de Galicia)
– BASÍLICA CATEDRAL DE SAN MARTIÑO (a mais antiga de España) ESPAZO CARITEL ( obradoiro e xardín botánico do artista Daniel Río “Caxigueiro”) AREA DE OBISPO SANTO E PRAIAS.DE FOZ.
Pola tarde:
– PRAIAS DE BARREIROS E ESPAZO DOURADO (museo pictórico e xardín zen do artista Celso Dourado).
– PRAIA DE “AS CATEDRAIS”. POBO PINTORESCO DE RINLO. ILLA PANCHA. MIRADOIRO DE O CARGADOIRO. FORTALEZA DE SAN DAMIAN. CASCO HISTORICO DE RIBADEO.
– IGREXA E MUSEO DO MOSTEIRO DO “CONDE SANTO”. CENTRO DE INTERPRETACION DA FABA DE LOURENZÁ
“ARTESANÍA, MÚSICA E LITERATURA NO CAMIÑO NORTE”
20,00 HORAS. no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”.
NOMEAMENTO DE EMBAIXADOR DA FEIRAMOSTRA “OS MUIÑOS -2016”
TÁBOA REDONDA- PREGÓN: “PASADO , PRESENTE E FUTURO DA MÚSICA A LITERATURA E A ARTESANIA EN MONDOÑEDO”
CONCERTO DE CORAL (HOMENAXE OS ILUSTRES LITERATOS: Manuel Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro e Xosé Díaz Jácome)
CONCERTO DE BANDA (HOMENAXE OS ILUSTRES MUSICOS:Pascual Veiga, José Lodeiro Piñeiroa e Manuel Ledo “O Pallarego”).
“FEIRAMOSTRA DE ARTESANIA E AGROALIMENTARIA OS MUIÑOS-2016″
Sábado 25 de xuño
11.00 HORAS- 20.00 HORAS. APERTURA DOS STANDS NO RECINTO FERIAL DO BARRIO DE OS MUIÑOS. MOSTRAS DE OFICIOS EN VIVO. I ENCONTRO REXIONAL DE OLERÍA: BONXE, GUNDIVÓS, NIÑODAGUIA, BUÑO E MONDOÑEDO. DEMOSTRACIÓN DE SERIGRAFIA NO ANFITEATRO DOS ARTESÁNS. OBRADOIROS DE SERIGRAFIA E DE MODELADO EN BARRO PARA NENOS. REPRESENTACION DE MONICREQUES . DEGUSTACIONS E CATAS AGROALIMENTARIAS DE PRODUTOS TIPICOS E CON DENOMINACION DE ORIXE.
CONCERTOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA “O PALLAREGO” DE MONDOÑEDO
21.00 HORAS NA PRAZA DA CATEDRAL
ACTUACIÓN DOS GRUPOS DE MÚSICA E DE BAILE TRADICIONAL “XACARANDAINA” DE A CORUÑA.
IX XORNADAS DO PEREGRINO “ABRINDO CAMIÑO” “O CAMIÑO DO NORTE E MONDOÑEDO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE”
09.30 HORAS- 11.30 HORAS “NO CENTRO DO CAMIÑO NORTE OU NO AUDITORIO MUNICIPAL”
ENCONTRO ASAMBLEA ABERTA DA AGRUPACIÓN “CAMIÑO DO NORTE” DE ASOCIACIONS DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO PAIS VASCO. CANTABRIA. ASTURIAS E GALICIA”.
12.00 HORAS. VISITA A SIC CATEDRAL E AO MUSEO DIOCESANO
13.00 HORAS VISITA A FEIRAMOSTRA “OS MUIÑOS-2016”.
ROMARIA NA AREA RECREATIVA E PAISAXISTICA DE “ A FERVENZA “ DE VILOALLE (MONDOÑEDO)”
Domingo 3 de xullo
10.30 HORAS. PERCORRIDO GUIADO DO ROTEIRO TURISTICO- LITERARIO “LEIRAS PULPEIRO”
Saída desde a Oficina de Turismo. Previa proxección do Audiovisual “Polos Camiños de Leiras” Narración: Marina Mayoral e Antonio Reigosa. Dirección: Matías Nicieza.
15 HORAS. ROMARIA NA AREA RECREATIVA DE “A FERVENZA” DE VILOALLE- MONDOÑEDO.
COMIDA CAMPESTRE.(Previa inscrición) ACTUACIONS MUSICAIS. XOGOS POPULARES-TORNEO DA CHAVE E XOGOS ACUATICOS NA PISCINA FLUVIAL…
ORGANIZAN E COLABORAN:
ASOCIACION “ABRINDO CAMIÑO” DE AMIGOS DO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO
ASOCIACION DE ARTESANS DE “OS MUIÑOS”. PLATAFORMA “COMARCA DE MONDOÑEDO UNIDA”. CONCELLO DE MONDOÑEDO.
AGRUPACION DE ASOCIACIONS “CAMIÑO DO NORTE”
MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE “A MARIÑA”.
CONCELLO DE LOURENZÁ. CONCELLO DE RIOTORTO. CONCELLO DE FOZ. CONCELLO DE BARREIROS.
DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO. VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA-CULTURA E TURISMO.
XUNTA DE GALICIA: CONSELLERIA DE CULTURA. AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA. S.A. DE XESTION DO PLAN XACOBEO.
CONSELLERIA DE COMERCIO E INDUSTRIA. ARTESANIA DE GALICIA.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



