18 de maio de 2016.- O Fluvial de Lugo, con 2278 puntos, fíxose co primeiro posto da clasificación por clubs. Segundo foi o Cidade de Lugo con 1485 puntos e terceiro o Kaiak de Foz con 1143 puntos.
Este martes, “Día das Letras Galegas”, disputouse nas instalacións do Club Fluvial de Lugo a regata aprazada desde o día tres de abril correspondente á IV Copa Provincial Deputación Lugo 2016. A participación, con 111 padeeiros, foi case similar á da anterior regata. O Fluvial de Lugo con 42 padeeiros foi o equipo con maior representación, estando presente en todas as categorías excepto na de Muller Cadete K1. Pola súa banda, o Cidade participou con 25 padeeiros, o Kaiak de Foz desprazou a 21 padeeiros, o Club Piragüismo Viveiro 10 padeeiros, o Altruán de Ribadeo 8 padeeiros e o Club Deportivo San Ciprián a 5 padeeiros.
A regata programouse con catro saídas. A primeira saída deuse ás 10:00 horas; nesta saída, na que se daba unha volta a un circuíto de 1500 metros, tomaron parte os benjamines e alevíns, homes e mulleres. A segunda saída, ás 10:30 horas e con 3000 metros de percorrido (2 voltas) incluíu aos infantís, homes e mulleres. Ás 11:15 horas tomaron a saída os cadetes e xuvenís homes e cadetes, xuvenís, seniors e veteranas mulleres cubrindo a distancia de 5.000 metros (3 voltas). E a cuarta saída na que tamén se deron tres voltas ao circuíto, foi para os seniors e veteranos homes, ás 12:00 horas.
A competición non deparou sorpresas, os favoritos cumpriron co seu papel gañando nas súas regatas. Unicamente sinalar algún que outro problemilla nas ciabogas, como a caída nunha delas do infantil-B do Kaiak de Foz, Sergio Rubio, perdendo todas as posibilidades de facer un bo papel na súa regata ou a pequena liorta entre o cadete do Kaiak Noel García e o do CP Viveiro, Saúl González, sendo este último descualificado. Homes e mulleres como Fran Rubio ou Xoel García do Kaiak de Foz, Xullo Matilla do Cidade de Lugo, Alejandro Cadros ou Tania Fernández do Fluvial, Alberto Pigueiras do CP Viveiro, Bárbara Gargallo do CD San Ciprián, brillaron nas súas respectivas probas e mostraron a todos que son os homes e mulleres a bater nesta tempada, ademais de ser un referente importante para todos os peques do piragüismo lucense.
Nesta xornada de competición, o Club Kaiak de Foz mantivo a mesma tónica que na regata anterior, regresando con sete medallas: 4 de Ouro dos Alevíns-B Marta Fernández Muñoz e Iago García Martínez, o infantil-A Fran Rubio Pacios e o Cadete Xoel García Neira, vixente campión de España 1000 metros na súa categoría e 3 de Bronce que luciron en mans do benjamín Isaac Méndez Trigo e dos infantís-B Lida Méndez Trigo e Pablo López Fernández.
A terceira regata desta IV Copa Provincial Deputación Lugo 2016 disputarase o próximo 4 de xuño en Ribadeo, e estará organizada polo club local, o Club Piragüismo Altruán de Ribadeo.
VI Copa Deputación de Lugo-2016
2 Regata-Cidade de Lugo
Clasificacións individuais
HOME BENJAMIN K-1
1.- JUAN DEVESA NUÑEZ, CLUB FLUVIAL DE LUGO 0:13:15,79
2.- VICTOR DEVESA FERNANDEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:03,25
3.- ISAAC MENDEZ TRIGO, CLUB KAYAK FOZ +0:1:58,36
MULLER BENJAMÍN K-1
1.- ANDREA RODRIGUEZ RODRÍGUEZ, CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO 0:15:25,53
2.- AÍDA FONSECA JOVER, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:54,68
3.- IRIA CALVECHE BARRANCO, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN +0:1:34,71
HOME ALEVÍN B K-1
1.- IAGO GARCIA MARTINEZ, CLUB KAYAK FOZ 0:11:42,93
2.- CRISTIAN LAGE SALGUEIRO, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN +0:0:19,92
3.- SAMUEL FERNÁNDEZ DOCHERTY, CLUB FLUVIAL DE LUGO, +0:01:57,54
…
8.- ALBERTO RATOEIRA EXPÓSITO, CLUB KAYAK DE FOZ, +0:03:39,74
MULLER ALEVIN-B K-1
1.- MARTA FERNÁNDEZ MUÑOZ, CLUB KAYAK DE FOZ 0:13:51,88
HOME ALEVÍN A K-1
1.- IAGO CARREIRA GARCIA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:11:1,34
2.- LUCAS LOPEZ SANCHEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:5,86
3.- ROI BLANCO POCIÑA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:23,81
…
6.- DANIEL REGO AIRA, CLUB KAYAK FOZ +0:2:24,88
8.- LUIS VÁZQUEZ VEGA, CLUB KAYAK DE FOZ, +0:03:46,93
12.- ALBERTO VÁZQUEZ VEGA, CLUB KAYAK DE FOZ, +0:06:04,56
MULLER ALEVIN A K-1
1.- MERCEDES FONSECA JOVER, CLUB FLUVIAL DE LUGO 0:15:01,15
HOME INFANTIL B K-1
1.- IGNACIO GONZALEZ MATILLA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:17:18,63
2.- NOE FERNANDEZ QUELLE, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN +0:0:36,63
3.- PABLO FONSECA JOVER, CLUB FLUVIAL DE LUGO, +0:01:54,83
4.- SERGIO RUBIO PACIOS, CLUB KAYAK DE FOZ, +0:04:10,93
MULLER INFANTIL B K-1
1.- ENMA DEVESA FERNANDEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:18:33,59
2.- MARTA RODRIGUEZ VILLAMOR, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:41,00
3.- ANTÍA DOVALE RODRIGUEZ, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO +0:1:33,91
HOME INFANTIL A K-1
1.- FRANCISCO RUBIO PACIOS, CLUB KAYAK FOZ 0:17:09,33
2.- SAMUEL QUIROGA RODRÍGUEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:46,25
3.- PABLO LÓPEZ FERNÁNDEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:1:38,65
4.- BRAIS MARTÍN FRAGA, CLUB KAYAK FOZ +0:3:18,25
MULLER INFANTIL A K-1
1.- BÁRBARA GARGALLO MÉNDEZ, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN 0:18:40,09
2.- ALICIA LÓPEZ BOVEDA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:0:10,17
3.- LIDIA MÉNDEZ TRIGO, CLUB KAYAK FOZ +0:1:48,12
HOME CADETE K-1
1.- XOEL GARCIA NEIRA, CLUB KAYAK FOZ 0:21:10.0
2.- RAMÓN FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:21,0
3.- JUAN SANTIAGO CACHARRO RIELO, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:22,0
…
5.- NOEL GARCÍA EDROSA, CLUB KAYAK FOZ +0:2:01,0
8.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:2:34,0
10.- ALEXIS NAVAS PÉREZ, CLUB KAYAK FOZ +0:2:51,0
MULLER CADETE K-1
1.- SUSANA MAYOR BAL, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:27:11,00
2.- ALICIA LÓPEZ SÁNCHEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:0:01,00
3.- ROCÍO REIGOSA LÓPEZ, CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO +0:0:17,00
HOME JUVENIL K-1
1.- JULIO GONZÁLEZ MATILLA, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO 0:20:19
2.- JULIÁN A. GRANJA HURTADO, CLUB FLUVIAL DE LUGO, +0:01:05
3.- BRAIS BLANCO POCIÑA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:01:08
…
9.- ANDRÉS FELIPE DE OLIVEIRA DA SILVA, CLUB KAYAK FOZ +0:7:06
MULLER JUVENIL K-1
1.- CARMEN VILLAR VARELA, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:23:55,00
2.- LUCÍA VALIÑA SEIJAS, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:18,00
3.- CLARA GONZÁLEZ GONZÁLEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:04:40,00
HOME SENIOR K-1
1.- ALEJANDRO CUADROS OTERO, CLUB FLUVIAL DE LUGO, 0:19:45,5
2.- CARLOS ÁLVAREZ VÁZQUEZ, CLUB FLUVIAL DE LUGO, +0:0:01,11
3.- ADRIÁM JUBÓN DÍAZ, CLUB FLUVIAL DE LUGO +0:0:21,8
…
13.- XOAN GARCIA MARTINEZ, CLUB KAYAK FOZ +0:5:28,5
MULLER SENIOR K-1
1.- TANIA FERNANDEZ GARCIA, CLUB FLUVIAL DE LUGO 0:22:37,00
2.- SABELA CASTRO MARTINEZ, CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO +0:2:28,00
3.- CRISTINA GARCÍA MARTÍNEZ, CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN +0:5:20,00
HOME VERETANO K-1
1.- ALBERTO PIGUEIRAS LEAL, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, 0:20:0,31
2.- FRANCISCO VÁZQUEZ REDONDO, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, +0:0:05,36
3.- ULISES DIEGUEZ ARANDA, CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, +0:1:04,73
MULLER VETERANO K-1
1.- AÍDA JOVER RAMOS, CLUB FLUVIAL DE LUGO 0:29:20,00
VI Copa Deputación de Lugo-2016
1 Regata – Fluvial de Lugo
Clasificación por Clubs
1.- CLUB FLUVIAL DE LUGO, 2278 puntos
2.- CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO, 1485 puntos
3.- CLUB KAYAK FOZ, 1143 puntos
4.- CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, 584 puntos
5.- CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN, 527 puntos
6.- CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO, 355 puntos
VI Copa Deputación de Lugo-2016
Clasificación Xeral por Clubes
(tras dúas regatas disputadas)
1.- CLUB FLUVIAL DE LUGO, 4688 puntos
2.- CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO, 3100 puntos
3.- CLUB KAYAK FOZ, 2185 puntos
4.- CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, 1157 puntos
5.- CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN, 1046 puntos
6.- CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN DE RIBADEO, 769 puntos






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
