Lugo, 2 de xuño do 2016. As Irmandades da Fala cumpren 100 polo que a iniciativa “IFala”, posta en marcha polo colectivo ‘Ora Galega’, visitará Lugo o vindeiro sábado, 4 de xuño. Cun autobús-exposición que está a percorrer toda Galiza, esta iniciativa quere conmemorar o centenario das Irmandades da Fala poñendo en valor e socializando entre a poboación un período fundamental na historia de Galiza.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora con esta iniciativa que en Lugo desenvolverá un roteiro pola cidade, guiado por Ramón González, autor do libro ‘Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense de 1918’.
O roteiro discorrerá polos edificios máis significativos vencellados coa Irmandade da Fala fundada en Lugo. Comezará no predio da Vidrería Lara, na porta de Bispo Aguirre, onde se atopaba situado o Lugo Salón, lugar onde se desenvolveu a primeira xornada da Asamblea Nazonalista de Lugo. A seguir visitarán o Círculo das Artes para continuar nos Franciscanos, onde está documentado que estivo ubicada a primeira sede da Irmandade da Fala lucense. Posteriormente continuarán polo Campo Castelo, visitando a casa da familia Correa Calderón, para rematar no Hotel Méndez Núñez, onde tivo lugar a última xornada da Asemblea Nazonalista de Lugo, no ano 1918.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



