CADERNOS DA VIAXE. Adoito usar a normativa oficial da lingua galega, recomendada polo criterio de autoridade da nosa Real Academia. Mais sabemos que este criterio é científicamente moi respectábel, malia que non infalíbel e que a adopción da normativa RAG-ILGA pola Xunta de Galicia no 1982 (derrogando a Normativa de mínimos reintegracionistas inspirada por Carballo Calero e que a Xunta preautonómica aprobara no 1980) foi unha opción filolóxica, sociolóxica e política. Que confrontaba con outra opción tamèn indubidábelmente seria e científica.
Quere isto dicir que as persoas que escreben en galego internacional baséanse en sólidos criterios filolóxicos e, xa que logo, non son xente ignorante, nin perigosa, nin disolvente. Para máis, a súa opción aproxima o galego á súa familia lingüística. Velaí a potencialidade da lei Paz Andrade: achegarnos a un ámbito de máis de 300 millóns de persoas dende a nosa lingua. Unha magnífica oportunidade que se nos abre aos galegos. Xa lles gostaría aos cataláns, vascos, flamengos ou corsos ter esa potencialidade.
Entón que facemos, mudamos xa a normativa RAG polo Acordo unitario de Río de Janeiro? Non, non compre facer tal. As linguas precisan dun padrón culto común, mais soportan máis pluralidade que hai trinta anos. O que compre vermos é que os que escrebimos galego oficial e os que escreben galego internacional non somos inimigos, somos utentes dunha lingua minorizada na Galicia. Sumemos, logo, esforzos. Permitamos que os utentes do galego internacional editen nas nosas editoriais, usen o seu padrón nos xornais e revistas, poidan acceder nel aos premios literarios. E non abramos a remuda normativa, polo menos por uns cantos anos.
No 1982 non habia Internet e a xente era moito menos instruída. Mais, no 2016, pensan de verdade que os alunos non poden distinguir entre as dúas normativas e cadansúas potencialidades e feblezas? Imos logo ter que tirar de dicionario cando leamos as magníficas novelas de Teresa Moure como algúns adoitan facer cando len a marabillosa prosa de Méndez Ferrín? Non, ler en galego internacional ou en portugués está xa na mán de calquera e non toleará ninguén.
Integremos e non separemos. Sexamos intelixentes e listos. Sexamos, tamén, patriotas superando o apartheid lingüístico.
Xoán Antón Pérez-Lema



















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



