Óscar Buján e Marcos Rodríguez, do Club Atletismo Lourenzá, participaban este domingo 19 de xuño no Trail de Berducedo (Asturias) de 9 km logrando 2 trofeos para o club.
Se Óscar se proclamaba vencedor absoluto -tamén conseguía chegaba primeiro sénior á meta-, Marcos entraba terceiro da proba absoluta conseguindo tamén a primeiro praza como veterano despois de lograr a praza no Campionato Galego de Veteranos nos 5.000 metros o día anterior en Vilagarcía.
E ata Avilés desprazábanse Gavin e Moisés para participar na coñecida carreira 10KM de AVILÉS. Gavín repetía tamén o domingo con FEDRA na carreira da muller de Xixón en apoio á loita fronte ao cancro de mama que se disputaba en diversos puntos do panorama español.