Ribadeo, 21 de xuño de 2016.- Acisa realiza un balance positivo das titorías individualizadas impartidas hai uns días entre varios asociados.
Desde a directiva explican que “hemos estado preguntando entre los socios como les fue con las tutorías individualizadas, que impartimos hace unas semanas, y la verdad es que hay satisfacción entre los asistentes. Nos han contado que les gustó, que la experiencia fue muy positiva, y estarían encantados de repetir un curso de estas características”. E engaden: “estamos contentos en Acisa con la acogida que tuvo esta iniciativa y llevaremos a cabo otras durante los próximos meses, que también esperamos que sean de mucha utilidad para nuestros asociados y asociadas”.
Un total de 21 asociados recibiron estas titorías personalizadas que impartiu Pablo Rodil, de PC Ribadeo desde finais de maio ata o pasado 10 de xuño. Nas mesmas o obxectivo foi axudar ao socio no manexo das redes sociais para intentar posicionar o seu produto e a empresa da mellor forma posible, e mellorar a súa imaxe nas redes sociais e en internet, debido á importancia que teñen hoxe en día na vida dixital.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



