Burela, 23 de xuño de 2016.- O Campus de Fútbol Sala e Fútbol Cangas del Narcea xa está en pleno traballo para cerrar a programación da súa terceira edición, entre o 25 e o 30 de xullo. O fútbol sala de Primeira División xa confirmou a súa presenza, cos xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén Iago Míguez e Jorge Matamoros. Os deportistas laranxas compartirán co alumnado habilidades sobre a pista, ademáis de experiencias e anécdotas da súa traxectoria.
Matrícula aberta
Todos aqueles/as rapaces/as de entre 6 e 17 anos que queiran disfrutar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poden reservar a súa praza ata o mércores 20 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a dispor das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.
Tarifas. O prezo da matrícula será de 180 € ou 340 € con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun nen@ terán un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea, ED Burela FS e AFD Porto de Burela terá un 10%.
Consolidación da cita
O Campus de Cangas del Narcea consolídase xa como unha referencia na agenda veraniega asturiana. A localidade estreou o clínic en 2014 con grande acollida, un total de 35 alumnos disfrutaron das actividades coordinadas por Juanma Marrube con visitas de prestixio como o porteiro do Uruguay Tenerife Iago Barro, os capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, o xogador viveirense Christian Chao ou os técnicos Pablo Prieto, de Al-Wahda de Abu Dahbi, Diego Ríos, de O Parrulo FS. En 2015, 50 pequenas promesas compartiron deporte e convivencia; o Centro de Interpretación de Muniellos e o Prao del Molín foron algunhas das xoias naturais das que se deleitou o alumnado.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
