Ribadeo, 23 de xuño de 2016.- O portavoz del grupo municipal socialista en Ribadeo, Roberto Ramos Piñeiro, presentou este xoves no Concello un escrito no que comunica a súa renuncia ao cargo de concelleiro por motivos profesionais e ademáis informou personalmente desta decisión ao alcalde, Fernando Suárez Barcia.
Roberto Ramos explica: “el motivo es que recientemente asumí nuevas responsabilidades profesionales, por las que tengo que estar fuera de Ribadeo la mayor parte de los días de la semana. Esta situación sobrevenida me impide desarrollar como me gustaría mi labor como edil en la corporación ribadense y por lo tanto considero que es mejor que otra persona ocupe ese puesto”.
Para sustituir a Roberto Ramos na corporación ribadense entrará a número 3 da candidatura socialista presentada ás eleccións municipais de 2015, Aurora González Ginzo. A este respecto Roberto Ramos comentou: “me da pena dejar el puesto de concejal, pero me voy con la tranquilidad que supone que la persona que me sustituirá es alguien muy competente y con mucha capacidad de trabajo. Por ello estoy seguro de que realizará una gran labor en el Ayuntamiento junto con el otro miembro del grupo municipal, David Fernández Feijoo”.
Para finalizar Roberto Ramos engadiu que continuará como afiliado da agrupación socialista de Ribadeo e “ayudaré en todo lo que pueda”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



