Foi o día 13 de xuño de 1971 – hai 45 anos – cando por vez primeira na historia se xogou na vila un partido de fútbol entre dous equipos alineados por mulleres. Os nomes dos conxuntos eran Rácing do Mostrador e Sporting da Agulla, alusivos às ocupacións maioritarias das mozas deportistas; formacións improvisadas para enfrontalas no Estadio Martínez Otero e a recadación destinala a beneficio das festas de San Lourenzo, que eran tempos nos que se necesitaba activar a imaxinación para ir sumando pesetas ós poucos…
O escenario do encontro rexistrara un cheo no que fixera o saque de honra o orondo Pedro Tapia, “o rulero”, ex xogador, ó que lembramos na nosa adolescencia como un gardameta difícil de bater, de felina axilidade, cuxa fisonomía experimentara unha apreciable metamorfose que o fixo partícipe, con tódolos merecementos, naquel concurso de gordos que o mesmo ano se organizou con idéntico fin recaudatorio e que fora retransmitido en diferido por TVE. Ambos números, polo que tiñan de novidosos, foran senllos éxitos. O que suscribe era o presidente da Comisión de Festas.
En canto ó partido de fútbol a piques estivera de frustarse: alguen, cuxo nome omitimos, en actitude difícilmente entendible, pretendera boicotear o mesmo facendo ver a algúns pais a “deshonra” que para as fillas significaba saltaren ó campo vestidas de futbolistas (hai que retroceder medio século e considerar que nunca tal se vira…).Alguen advertiunos do que estaba a pasar: chegado o momento catro ou cinco xogadoras ían faltar á cita por prohibición dos pais. Visitamos a éstes na súas casas e resultou doado convencelos do erro. Creron en nós, e foi un dos grandes días vividos no Martinez Otero.
Fora árbitro da contenda Tito da Fábrica que para a ocasión, para contraste, se vestira de muller. No Racing do Mostrador, con Milucho de Simón de adestrador, alineaban: Maruja do banqueiro;Susa de Fito; Lupe de Cosme; Loli da Tata; Mari Echevarría; Iselda; Dulce M. Martínez; Aurora Oroza; M. Carmen Anlló e Loli de Simón.
Pola súa banda as da Agulla, adestradas por Arturo da Peala: Marita da Pecherena; M. Carmen Fraga; Xexé; Clara da Sanchona; Azucena ; Ana M. de Adela; Amalia e M. Luisa Maldonado.
Gañaran 1-0 as primeiras e recollera o trofeo de mans do presidente a capitana Lupe de Cosme.


















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



