CADERNOS DA VIAXE. O PP foi claro vencedor do proceso aberto coas eleccións xerais do pasado 20-D e que rematou coas eleccións de onte. Sobe 4,2 pontos porcentuais (do 28,7 ao 32,9%) e 14 deputados ao 95% escrutado (de 123 a 137), puxando do bloque PP-C’s dos 163 aos 169 escanos, pois que C´s, cunha moi discreta baixada perdeu 8 deputados (de 40 a 32). Os outros 5 perdeunos o PSOE (baixa de 90 a 85), que quitou o peor resultado da historia, malia que o mantemento do segundo posto en votos e escanos fronte Unidos Podemos (máis En Marea e as confluencias catalá e valenciana), que igualou resultados (71 escanos) cos obtidos por estas forzas e IU hai seis meses.
Psicolóxicamente Rajoy é o claro gañador, porque converte C’s nun socio inncesario, quítalle 50 deputados ao PSOE, que ficaron segundos e frea intensamente a Pablo Iglesias, que non rendibiliza a coalición. Será complexa, porén, a reedición do goberno Rajoy, pois que fóra de C´s non se albiscan socios probábeis, xa que Sánchez salvou o segundo posto e, con él, os mobles. Mais será imposíbel superar eses 169 votos negativos, tendo en conta que os 17 deputados independentisdtas cataláns (9 ERC e 8 CDC, que repetiron os resultados do 20-D) non votarán a prol de candidato ningún. Ao final é probábel que goberne Rajoy, mais perderá sen dùbida moitas votacións no Congreso. E terá que mudar, quzais substancialmente, as claves da súa axenda política.
O ocorrido no noso País é, quizais máis rechamante. Aquí o PP recupera catro pontos (do 37 ao 41%) e a suma de votos do PP e de Cs sobarda o 50%, fronte ao 46% curto da suma do BNG, En Marea e PSOE. En Marea perde un escano (de 6 a 5) e a avantaxe a respecto do PSOE, que obtén 6 con moi poucos votos máis. O PP gaña este deputado e o ùnico de Cs e En Marea acusa o castigo nomeadamente nas cidades onde goberna, por exemplo a respecto de Vigo, onde segue a superar o 30% de votos.
Evidentemente as autonómicas non son procesos comparábeis, mais En Marea terá, sen dùbida, que ampliar a súa base social ollando cara ao galeguismo, ao tempo que se dota dun programa de goberno críbel e dunha equipa solvente. BNG, PSde G e o mundo das Marés terán que enfrontar a difícil tarefa dunha alternativa plural e confiábel, se non queren que Feijóo teña opcións reais de revalidar a maioría absoluta.



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



