Burela, 5 de agosto de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, invita a participar na XXXII edición da Feira do Bonito que terá lugar este sábado, así como en Produart, que durante toda a fin de semana se desenvolverá na nave de redes, no porto.
Llano salientou que “hai que ter en conta que aquí a Feira do Bonito é de gran importancia, dámoslle moita importancia porque o bonito sempre foi un produto moi valorado no noso concello debido a que aportou moito á economía e facilitou o desenvolvemento integral de Burela”.
O rexedor burelés dixo: “que se lle faga esta feira eu penso que é moi merecida e por tanto ademais de ser un atractivo turístico para que se achegue a xente aquí, é un recoñecemento a este produto porque ten unha importancia clara no noso concello”.
Alfredo Llano comentou que “mañá imos repartir máis ou menos 3.000 ou 3.500 quilos de bonito entre a xente que se achegue aquí a Burela. Pensamos que é unha boa cantidade dado que este ano están sendo bastante escasas as capturas, pero polo menos para mañá imos ter suficiente. Vai ser un produto que se vai presentar de tres xeitos diferentes, en empanada, á grella e cocido con pan, de tal maneira que case dúas persoas poden comer unha ración que vai estar ao mesmo prezo que o ano pasado”.
O alcalde de Burela tamén lembrou que “ás 12:00 horas vai haber un descenso de carrilanas, despois vai haber unha sesión vermú e unha presentación no Barco Museo, un izado da bandeira azul e imos dar os premios aos voluntarios que levan moito tempo traballando nesta Feira do Bonito”.
Alfredo Llano sinalou que “imos facer paralelamente á Feira do Bonito, que xa de por si é moi interesante, algo que a complementa perfectamente que é Produart. Basicamente é unha feira na que se van facer exposicións e teñen todos eles que ver co medio ambiente e a ecoloxía. Imos ter produtos alimentarios, de cosmética, artesanía e de aforro enerxético. Eu penso que é unha boa oportunidade para ter bos produtos que teñan moito respecto polo medio ambiente, debe servir para concienciar e estimular ese aprecio a esas fórmulas novas que garantan un futuro moito mellor”.
Finalmente o alcalde de Burela dixo: “o único que queremos facer é invitar a toda a xente que estea na zona ou na comarca de A Mariña, ou ben na provincia de Lugo e incluso de Asturias, a que se achegue por aquí e que seguro vai saír contenta e vai querer repetir para o ano que ven”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



