Foz, 8 de agosto de 2016. Os concertos do Why Not Here Fest, as verbenas das festas do San Lourenzo e o teatro son algúns dos principais actos do programa de actividades previstos para esta semana en Foz, que anunciou a concelleira de Cultura, Silvia Blach.
A edil detallou que “este luns 8, a partir das 21:00 horas no Colexio Público Número 1 temos ó grupo de teatro de 1º da ESO do Colexio do Pilar facendo a obra La bella durmiente se despierta; e a partir das 23:00 horas na praza Conde de Fontao, a gran festa verbena amenizada polo grupo Fénix”.
Silvia Blach continúa explicando que “o martes 9 teremos a partir das 22:30 horas, tanto na praza Conde de Fontao como na chaira do peirao, a gran festa verbena coas orquestras Gran Parada e Cinema. O mércores 10 é o Día de San Lourenzo e a partir das doce da mañá na igrexa parroquial de Santiago de Foz haberá misa solemne cantada polo coro parroquial de Foz e despois procesión acompañada polo grupo folclórico O Feitizo. A partir das 22:30 horas teremos a gran festa verbena, tamén na praza Conde de Fontao e na chaira do peirao, coas orquestras Costa Oeste e New York. E a partir das 00:00 horas hai que ir todos para o Paseo de Laredo, na praia de A Rapadoira, para ver o espectáculo de fogos de artificio, que este ano cambiámolo de hora e adiantámolo ás doce da noite”.
A responsable de Cultura focense engade que “o xoves 11 a partir das 16:00 horas no peirao teremos o festival Why Not Here Fest, ese día coas actuacións de Festicultores, Gonzalo Brown, Macaco e outros. O abono de tres días vale 56 euros e ese día a entrada é de 25 euros. As entradas están a venda en Ticketmaster e Abanca on line. No patio do Colexio número 1 a partir das 19:00 horas teremos un obradoiro de danza moderna impartido pola compañía Dríadas. Para anotarse hai que chamar á Delegación de Cultura do Concello de Foz no teléfono 982.14. 00.27 ata o mércores 10. A inscrición é aberta ata cubrir as prazas. Tamén no patio do Colexio Número 1 a partir das 21:00 horas teremos danza infantil con Dríadas e o espectáculo Ale-hop”.
Blach anuncia ademais que “o venres 12 a partir das 16:00 horas no peirao empeza unha nova xornada do festival Why Not Here Fest. Este día teremos a Def con Dos, Loquillo, Mago de Oz e outros, e o abono custa 30 euros. No patio do Colexio Número 1 ás 21:00 horas para nenos de máis de 3 anos teremos teatro infantil con Caramuxo Teatro e a obra Ceo; o espectáculo está inspirado en O Parrulo Feo, de Hans Cristian Andersen”.
Durante a fin de semana de festa a concelleira de Cultura engade que “o sábado 13 a partir das 21:00 horas no peirao, teremos de novo o festival Why Not Here Fest, nesta ocasión con Reincidentes, Soziedad Alkóholica e Siniestro Total. O abono deste día custa 30 euros. No patio do Colexio Número 1 estará Redrum Producciones coa obra Peludiño. En Marzán a partir das 20:00 horas nas catro calles, festa con sardiñada e queimada organizada pola asociación de veciños de Marzán”.
Finalmente Silvia Blach comenta que “o domingo 14 a partir das 10:00 horas invitarvos a todos a VIII Carreira Popular de Foz Run Foz Run. E ás 21:00 horas no patio do Colexio Número 1 teremos teatro infantil: Elefante Elegante coa obra Danza da Choiva”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



