Madrid, 8 de agosto de 2016. A agrupación parlamentar de En Marea no Congreso vén de presentar unha iniciativa parlamentar na Cámara na que pregunta ao Ministerio de Fomento se levou a cabo as probas dos denominados prototipos seleccionados para dar unha solución técnica aos continuos peches da autovía A-8 pola densas néboas no tramo comprendido entre Abadín e Mondoñedo.
Os parlamentares de En Marea dirixen a Fomento unha batería de preguntas dado que asegurou que a licitación dos denominados prototipos realizaríase ao longo do presente ano 2016, e no cronograma do Ministerio a fase de desenvolvemento tecnolóxico remataría en agosto. Pois ben, iniciado o mes de agosto, pregunta “se Fomento resolveu a fase de licitación dos prototipos, se foron probados, e en caso negativo, a que se debe a demora.
Miguel Anxo Fernández Vello e Alexandra Fernández lembran que as habituais complicacións que se producen na A-8 no tramo negro entre Abadín e Mondoñedo polas persitentes néboas que se inician en primavera e duran até o outono, contiúan sen solución técnica a pesar de que o Ministerio leva dous anos de idas e vidas.
A a-8 é inútil en periodos de maior tráfico
“Unha vía nova, moi custosa, pero inútil para os usuarios de A Mariña que se atopan esta infraestrutura pechada ao tráfico a cada pouco, como sucedeu nestes últimos días. Máis unha vez, e como sucedeu desde que este tramo foi inaugurado en febrero de 2014, está pechado cada poucos días”.
Critican que se construíse unha autovía cara como alternativa á vella N-634, en mal estado de conservación e sen capacidade para absorber o importante volumen de tráfico, máis a metade do tempo está cortada á circulación. “É polo tanto, unha autovía morta”.
Poñen de manifesto que no pasado mes de abril, o Ministerio entón presidido por Ana Pastor anunciaba que en poucos días procedería a clausurar a fase de consulta de mercado para procurar unha solución. Asegurou que a licitación dos denominados prototipos sería ao longo deste ano pero nada sabemos.
Salientan que no 2015, rexistráronse máis de 380 horas de visibilidade case nula. “Non se está a proceder con grande demora neste tema? Está o Ministerio de Fomento executando o programado conforme aos prazos de tempo que se manexaban para este ano?”, son algunhas das preguntas que formulan Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández a Fomento.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



