O Palma pelexará este sábado polo título do Burela Bonita despois de impoñerse ao todopoderoso Movistar Inter FS na quenda de penaltis. Vista Alegre foi testemuña este venres dunha intensa primeira semifinal, moi rifada, que se decidiu nos penaltis despois do 3-3 no tempo regulamentario.
Tomaron a batuta os insulares nunha cita na que reinou o espectáculo e a emoción, con protagonismo nas dúas metas. Diego Favero deulle ao Palma a primeira vantaxe no minuto 11, aproveitando un rexeite, e Joselito asinou o 0-2 no 15. A falta de de 30 segundos para a bucina Darlan inaugurou para o Movistar esperando pegado ao pau desde balón parado de Ortiz.
Os de Jesús Velasco regresaron á pista tentando corrixir a falta de acerto no primeiro período, cunha boa presión, sen armas desde o Palma nos primeiros compases, aínda que co paso dos minutos a cita volveu equilibrarse. No minuto 28, Humberto, asistido por David Pazos, rubricou o empate. Superado o ecuador da segunda parte, no 33, Álex evitou o que podería ser a vitoria dos insulares nun corpo a corpo con Carlitos apoiado en Paradynski, que foi o encargado de facer realidade o 2-3 catro minutos despois. Viviu Movistar os últimos dous minutos e medio con Daniel abanderando o xogo de cinco. Tras unha tentativa de Barrón a porta baleira, *Darlan subiu o 3-3, a falta de 37 segundos, e chegou o tempo dos penaltis.
O fallo do propio Darlan, cun balón que se foi moi alto, apartou aos madrileños da loita polo Burela Bonita.
Ficha técnica
Movistar Inter FS: Álex, Humberto, Lolo, Taffy, Darlan, cinco inicial; tamén xogaron Daniel, Pola, Rivillos, Carlos Ortiz, Raya, David Pazos
Palma Futsal: C. Barrón, Vadillo, Joselito, Diego Favero, Paradynski, cinco inicial; tamén xogaron Carlitos, Eloy Rojas, Maico, Tomaz, Lolo Suazo
Goles: 0-1, minuto 13, Diego Favero; 0-2, minuto 15, Joselito; 1-2, minuto 19, Darlan; 2-2, minuto 28, Humberto; 2-3, minuto 37, Paradynski; 3-3, minuto 39, Darlan. Penaltis (Darlan 0-0, Vadillo 0-1, Daniel 1-1, Favero 1-2, Lolo 2-2, Carlitos 2-3).
Árbitros: Amor Vizoso (Ferrol) // Manteiga Rodríguez (A Coruña). Por Palma amarela a Eloy Rojas.
Incidencias: Primeira semifinal do Torneo de Fútbol sala Burela Bonita disputada en Vista Alegre ante 500 espectadores.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
