Lugo, 1 de outubro de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense, Ricardo Varela, anunciaron que os socialistas rexistraron dúas Proposicións non de Lei no Congreso dos Deputados nas que demandan ao Goberno supervisar o proceso de venta das plantas de produción de aluminio, e que se esixa a Alcoa un proxecto industrial coas inversións necesarias que garantan a viabilidade desta empresa, evitando o resgo de especulación e o posterior peche das factorías.
Noutra iniciativa tamén solicitan que se estableza unha formula para que as industrias con alto consumo de enerxía poidan acceder ao mercado de enerxía en condicións similares ás de outros países da Unión Europea. A deputada remarcou que é de vital importancia que a poxa se realice xa, por mor do retraso que leva, e que repercute moi negativamente na planificación da actividade das empresas.
Pérez Herraiz sinalou ademais que presentou estas iniciativas tras manter varias xuntanzas nas que escoitou as reclamacións e as demandas dos sindicatos e dos traballadores.
A deputada socialista constatou nestas reunións que a empresa “non esta facilitando ningún tipo de información aos comités de empresa, e que nestes intres existe un risco elevado de que a operación da venta sexa meramente especulativa”.
Pérez Herraiz explica que Alcoa é unha empresa fundamental para a economía da provincia de Lugo, xa que da súa factoría de Cervo dependen 1.200 empregos directos, e outros 600 indirectos, ademais tamén conta con outra factoría na Coruña na que traballan 400 persoas.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



