A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns no salón de actos do organismo provincial o Coloquio Internacional A cidade romana no noroeste: novas perspectivas, que organiza a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, e que conta cunha achega económica da Deputación de 3.000 euros.
Fíxoo xunto ao Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, a Decana da Facultade de Humanidades, Isabel González Rey, e a Titular de Historia Antiga da Facultade de Humanidades da USC, Mª Dolores Dopico Caínzos. A inscrición para participar no coloquio é de 50 € (30 € para alumnos da USC e licenciados ou graduados sen emprego). Pódese realizar a través da www.usc.es/humanidades ata o 17 de outubro.
García Porto subliñou que “somos conscientes da importancia da investigación histórica, por iso colaboramos con esta actividade que nos axuda a coñecer mellor a nosa cidade romana, e a provincia”.
Este Coloquio, dirixido por Mª Dolores Dopico Caínzos, Profesora Titular de Historia Antiga, da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, e Manuel Villanueva Acuña, Profesor Titular de Historia Antiga, da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, centrarase especialmente no urbanismo, as infraestruturas e a paisaxe de Lucus e Bracara desde diferentes perspectivas, reunindo a xeógrafos, enxeñeiros, arquitectos, botánicos, arqueólogos e historiadores de diferentes partes do mundo.
O Coloquio Internacional está orientado preferentemente aos profesores das materias de Xeografía e Historia, Arte, Latín, Grego e Cultura Clásica; estudantes, licenciados e graduados en Humanidades, Filoloxía Clásica, Xeografía, Historia e Arte. Estas xornadas contan cun crédito ECTS para os alumnos da USC.
Programación
24 de outubro na Facultade de Humanidades da USC, Campus de Lugo
– Ás 9:15 horas: Entrega de documentación.
– Ás 9:30 horas: Cidade: ¡se tí non me queres, eu quérote igual! (Je t’aime, moi non plus) (Max Jeans Zins, Dir. del CNRS-Centre d’Etudes et de Recherches Internationales París, Prof. Ad honorem da Fac. de Humanidades).
– Ás 10:10 horas: Existe-t-il un modèle de la ville romaine à l’époque augustéenne en Occident? (X. Lafon, Profesor Emérito de Archeología romana, IRAA, USR 3155 Aix-Marseille Université – CNRS).
– Ás 10:50 horas: Le prime acquisizioni di modelli romani nell’urbanistica indigena della Transpadana orientale (G. Bandelli, exCatedrático Historia Antiga, Univ. Trieste).
– Ás 12:00 horas: La città romana nella comunità indigena: il caso di Brixia tra sovrapposizione e assimilazione (Dott.ssa F. Rossi).
– Ás 12:40 horas: Coloquio.
– Ás 13:30 horas: Inauguración oficial.
– Ás 16:30 horas: Os elementos ideolóxicos: Munigua e os seus santuarios (Th. Schattner, DAI Madrid).
– Ás 17:10 horas: Cidade, territorio, economías locais: casos de estudo na Citerior nororiental (V. Revilla, Prof. Tit. Univ. de Barcelona).
– Ás 17:50 horas: A paisaxe urbana de Hispania (J. L. Jiménez
Salvador, Catedrático, Univ. Valencia).
– Ás 18:30 horas: Coloquio.
25 de outubro:
Bracara Augusta: Tratarán a cidade de Braga na Facultade de Humanidades da USC, Campus de Lugo.
– Ás 10:00 horas: O contexto xeográfico e paisaxístico da cidade e o seu territorio (J. Meireles Batista, Pro- fessor Associado da Universidade do Minho).
– Ás 10:30 horas: A topografía e o urbanismo da cidade (M. Martins, Professora catedrática da Universidade do Minho).
-Ás 11:00 horas: A cidade e a auga (C. Braga e M. Martins, Universidade do Minho).
– Ás 11:30 horas: Pausa.
– Ás 12:00 horas: O espaço construido (J . Ribeiro e F. M a- galhães , Universidade do Minho).
– Ás 12:30 horas: A transformação do territorio (H. P. Carva- lho, Professora Universidade do Minho).
– Ás 13:00 horas: Contribución do Sistema de Información 2ArchIS – Open Access ao coñecemento das cidades romanas de Braga e Lugo (N. Botica, Enxeñeira de Sistemas, Centro de Investigación Lab2PT, UA Universidade do Minho).
– Ás 13:30 horas: Coloquio.
Lucus Augusti: A xornada de tarde tratará sobre a cidade de Lugo e terá lugar na Casa do Saber.
– 16:30 horas: Aproximación ao contexto xeográfico (A. Pérez Alberti, Catedrático Xeografía Física da USC).
– 17:00 horas: A cidade no territorio: a transformación da paisaxe (P. Ramil, Prof. Tit. Botánica USC, Director do IBADER).
– 17:30 horas: Unha valoración da rede viaria do NO (C.Nárdiz, Prof. Titular, E.T.S. de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, UDC).
– 18:00 horas: Pausa.
– 18:30 horas: A cidade e a auga (S. González Soutelo, Dra. en Arqueoloxía).
– 19:00 horas: O espazo urbano (M.López Guitar, Arquitecto, GAU Arquitectura y urbanismo).
-19:30 horas: Coloquio.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



