Foz, 13 de outubro de 2016. Este sábado, día 15, dan comezo en Foz as Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que promove A Mariña Federación. Nesta campaña daranse cita xornalistas chegados desde Madrid e desde outros puntos da xeografía deste país, que coñecerán in situ todos os potenciais desta comarca e participarán en mesas redondas abertas ao público.
O obxectivo das xornadas, organizadas por Faro Norte Comunicación, “é dar a coñecer a riqueza paisaxística, monumental e gastronómica da zona in situ e que estes xornalistas convértanse nos nosos embaixadores nas súas redes sociais e nos seus medios de comunicación”.
Pepa Sastre, de TVE; Pedro Pablo García May, de axencia EFE; e Luís Fraga, xornalista televisivo, serán os primeiros en visitar A Mariña. Estarán o sábado, 15 de outubro, en Foz. Durante a xornada degustarán bígaros, produto ao que se dedica a festa gastronómica paralela ás Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo; percorrerán os areais focenses e visitarán a Basílica de San Martiño, entre outros atractivos da zona. Xa pola tarde, a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura focense, participarán nunha mesa redonda, que moderará Pablo Villapol, xornalista do diario O Progreso. Á cita asistirán, entre outros, representantes do Concello de Foz, de Acia/CCA de Foz, da Mariña Federación, así como da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia e do GALP A Mariña-Ortegal.
Na Festa do Bígaro, que ten lugar en Foz este venres e este sábado, participan trece establecementos hostaleiros: Dandy, Anduriña, Leytón, Mayros, O Muelle, A Viela, Costumes do Mar, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, O Paseo, As Brasas, Fraggle Rock e A Funcional.
A primeira Xornada de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo celebrarase en Foz este sábado, pero o evento seguirá durante os próximos meses en Viveiro, Burela, Xove, O Vicedo e Ribadeo, localidades cuxas *Acias forman parte da Federación de Comercio A Mariña.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



