O Vicepresidente e voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto aos Deputados de Cultura e Deportes, Pilar García Porto e Pablo Rivera Capón, respectivamente, adiantou este mércores que o Executivo Provincial iniciou a revogación dos acordos plenarios contrarios ao pago do Premio Otero Pedrayo e da subvención de 100.000 euros ao Club Kayak de Foz para o proxecto de construción dun novo hangar de piraguas.
Santos Ramos explicou que deste xeito “tentamos arranxar a desfeita do Partido Popular, que onte votou en contra de todas as propostas feitas ao Pleno polo capricho e obsesión de Elena Candia, atacada polo síndrome presidencialista, por que este Goberno non poida cumprir os seus retos para a provincia. Candia demostrou, unha vez máis, que non pensa nos veciños e que non quere nada para esta provincia. Os seus únicos obxectivos son que o Executivo da Deputación non poida sacar nada adiante e exhibir unha maioría que de nada beneficia aos veciños”.
“Escusas baratas”
“O que fixo Candia onte, intencionadamente e demostrando unha gran irresponsabilidade, prexudica gravemente á política, aos colectivos veciñais e, en xeral, a toda a provincia de Lugo, pois prívaa de investimentos da Deputación. Foi unha pataleta por converter unha das súas mocións en rogo tras as advertencias dos servizos de Secretaria Xeral e Contratación de que o que pedía na mesma, a aprobación dunha encomenda de xestión, non o pode facer o Pleno, tal e como establece a normativa vixente, senón a Xunta de Goberno ou o Presidente. Que pretendía? que os Deputados votásemos algo contrario á lei? É máis, foi advertida disto días antes do Pleno, polo que, é evidente, que se escudou en esta cuestión para non apoiar as iniciativas que se levaban ao Pleno, facendo teatro e incumprindo promesas que, por exemplo, fixo aos bombeiros antes das eleccións autonómicas, e que, por certo, están moi decepcionados”.
A convocatoria do PP “nada resolve”
“En caso de que quixese que as propostas ao Pleno de onte fosen aprobadas, Candia e os seus compañeiros do PP puideron terse abstido. Tamén puideron presentar a súa moción de novo por urxencia, porque neste caso si habería debate, se este fose o problema; ou solicitar un Pleno Extraordinario con este punto como único na orde do día. Pero non quixo optar por ningunha destas posibilidades porque non quería apoiar as propostas do Pleno. E agora pide un Pleno Extraordinario, que por riba está mal solicitado, e que nada resolve, pois xa hai acordos Plenarios sobre propostas políticas adoptados, como a modernización dos servizos ferroviarios, o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando ou a mellora salarial dos bombeiros do Consorcio. No Pleno da Deputación xa quedou manifestado o voto de cada grupo político. Candia agora con esta convocatoria de Pleno Extraordinario só pretende enganar aos afectados”, apuntou.
As únicas propostas que se poden revogar
O pago de 2.000 euros a Arcadio José María López Casanova, gañador do Premio Otero Pedrayo e de 100.000 euros ao Club Kayak de Foz son os únicos asuntos rexeitados onte no Pleno para os que hai unha solución administrativa ao tratárense de propostas do Goberno da Deputación. Esta pasa por un proceso de revogación, que hoxe mesmo iniciaron os Deputados de Cultura e Deportes, como responsables dos departamentos que tramitan as propostas. Logo deben ir de novo ao Pleno. Santos Ramos apuntou que a intención do Executivo Provincial é que isto se fixese de xeito inmediato a través dun Pleno Extraordinario, no que “dar unha segunda oportunidade ao PP para sacar adiante estas dúas propostas”. Con todo, esta sesión non se pode convocar porque só debe existir unha sesión de carácter extraordinario, que onte xa solicitou formalmente o PP.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



