Cervo, 27 de outubro de 2016.-Trala reclamación feita pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) os concellos da provincia de Lugo recibirán 195.000 euros máis da liquidación dos ingresos que o Estado remite ás entidades locais.
O vicepresidente da FEGAMP e alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou hoxe que “desde a Federación Galega de Municipios e Provincias xa levamos uns meses falando dun asunto e traballando nel: é que fixéramos unha revisión con respecto aos cálculos da liquidación da participación dos ingresos que o Estado tiña que remitir ás distintas entidades locais. Percibimos xa no seu momento que se nos estaba retraendo aos municipios unha cantidade total de 340 millóns de euros en todo o Estado, cando considerábamos que isto non podía ser así porque foi un diñeiro que correspondía ao céntimo sanitario e que nunca se nos ingresou no seu momento”.
Alfonso Villares engadiu que “unha vez que percibimos esta anomalía puxémonos en contacto coa Federación Española de Municipios e Provincias e conxuntamente fixemos unha reclamación ao Estado, en concreto ao Ministerio de Hacienda. Nesa reclamación dicíamos que esa cantidade de 340 millóns de euros non se nos podía retraer. Para o conxunto de Galicia supoñía arredor de 5 millóns de euros que teríamos que devolver cando consideramos que non tiña que ser así”.
Villares anunciou que “chegou unha comunicación do Ministerio de Hacienda onde xa nos confirmou que vai facer un recálculo dos índices na liquidación da participación destes ingresos do Estado, e esta vai ser unha medida que vai permitir que tanto os concellos como tamén as deputacións de Galicia reciban estes 5 millóns de euros máis dos que falaba eu anteriormente. En total para os concellos da provincia de Lugo vai supor que se nos devolvan 195.000 euros, dos que para os quince concellos de A Mariña van ser un total de 58.500 euros”.
Alfonso Villares considera que “é unha medida positiva e un traballo tamén moi positivo que se fixo por parte dos técnicos da Federación Galega de Municipios e Provincias e que vai redundar sobre todo á hora de ter máis ingresos todo o municipalismo. Polo tanto eu creo que é unha boa noticia para todos; e, iso si, deixando claro que este erro sempre consideramos que era técnico e non político”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



