A Deputación Provincial de Lugo dentro da súa área de Cultura achega ó salón de Actos da Casa da Cultura do concello do Valadouro, unha vez máis, dentro do programa de Buxiganga de Teatro afecionado, unha actuación co grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla e a obra “As Trece Rosas” o vindeiro sábado, 29 de outubro ás 20:00 horas e con entrada de balde.
O grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla xurdiu como unha actividade máis da Biblioteca, dentro das programadas como animación á lectura, co fin de que a biblioteca se convertise nun centro de socialización e convivencia de persoas de diferentes idades e formación cultural.
A primeira actuación tivo lugar o 25 de decembro do ano 1995, na Casa da Cultura de Antas. Desde aquela actuaron por toda Galiza e até fóra da nosa Comunidade, como en Bilbao, Barcelona… No 2006 acadaron o 2º Premio GZCREA da Xunta de Galicia, quedando no ano 2010 finalistas en dito certame. Desde 1996, contan cun profesor, José Jorge García (Jouse), que tamén dirixe as obras.
Cada tempada fan unha convocatoria para aqueles veciños e veciñas que queiran formar parte do grupo. Na actualidade conta con máis de 50 membros entre os 4 e os 60 anos.
O traballo que van achegar ó Valadouro o vindeiro sábado leva por título “As trece rosas”. Unha obra que homenaxea a trece mulleres que, o 5 de agosto de 1939, foron executadas por estar acusadas de rebelión contra a causa nacional durante a guerra civil. O seu final foi un dos episodios máis crueis da represión franquista. Pola súa mocidade, recibiron o apelativo das trece rosas e a súa historia converteuse nunha das máis conmovedoras daquela época marcada polo feixismo e o odio fratricida.
A concellaría de cultura do concello de O Valadouro convida a asistir a unha representación histórica “AS TRECE ROSAS” do grupo da Biblioteca de Antas de Ulla o vindeiro 29 de outubro ás 20:00 horas. Como de costume, entrada de balde.
A seguinte actividade desta fin de semana é un obradoiro orientado para nenos e nenas de 3 a 12 anos que se vai a desenrolar o luns a partires das 16:30 horas no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro. Nesta actividade, coordinada pola concellería que rexenta o edil nacionalista Eduardo Chao, os nenos que poden vir disfrazados van a pintarselles as caras, xogos terroríficos, contacontos, manualidades, … e moito máis.
Outra das actividades previstas dentro do planin outonal é a ruta de tapeo organizada en colaboración coa hostaleria local que van a por unhas tapas mosntruosas e terroríficas nas noite do luns.
E como último punto, recordar que ainda quedan prazas para apuntarse para o mercado de outono que se vai a celabrar o vindeiro sabado 12 de novembro. Poden facelo nas oficinas da casa da cultura ou no telefono 982571516. Preferiblemente, postos de produtos naturais, dehorta, estacionais, … cárnicos,..




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



