Lugo, 11 de novembro de 2016. Hoxe co nomeamento de Alberte Núñez Feijoo como Presidente da Xunta de Galiza dáse inicio a unha nova lexislatura, que o propio Presidente designou como a lexislatura do rural.
Pois ben, mal inicio ten esta lexislatura do rural cando a Consellería é incapaz de facer unha simple xestión administrativa. Á nosa organización non se lle escapa que a actual equipa da Consellería, coa súa conselleira á cabeza, está en funcións e que ten as súas competencias limitadas, mas non as ten para facer tramites administrativos.
A día de hoxe a Consellería debería ter feitas as xestións necesarias perante o Ministerio de Agricultura, tamén en funcións até a semana pasada, para solicitar do Fondo Español de Garantía Agraria – FEGA, dependente deste Ministerio, o anticipo para poder proceder ao pagamento da PAC 2016, como así xa fixeron outras administracións como as de Andalucía, Estremadura, Castela-León, Castela-A Mancha, Nafarroa, Valencia e Murcia. Que a nós nos conste este trámite sigue sen ser feito por parte da nosa Consellería.
O 18 de xullo, deste ano, o Consellos de Ministros e Ministras de Agricultura da UE tomou o acordo de autorizar aos Estados membros para que puideran anticipar o pagamento da PAC 2016 a partir do 16 de outubro. Anticipo que pode chegar a ser do 70% mos pagamentos directos e até o 85% no caso das axudas ao desenvolvemento rural.
Por culpa da desidia da administración galega todas as persoas con dereito a cobrar este anticipo están pendentes de que á Xunta de Galiza lle dea a gana de solicitar ao FEGA o adianto para poder cobrar. Diñeiro que fai moita falta debido aos baixos prezos que estamos cobrando polos nosos produtos. No caso do sector lácteo a falta de liquidez ven motivada por ter que vender o noso leite cos prezos mais baixos de todo o Estado español e ter de enfrontar os gastos da recollida do millo forraxeiro e a implantación das pradeiras de outono-inverno.
Por outra parte, nestes momentos aínda están pendentes de pagar axudas da PAC do 2015. Algunhas delas pendentes da finalización de expedientes de inspección, mas outras por erros administrativos da propia Consellería, como o de equivocarse á hora de marcar o número de conta da persoa beneficiaria.
Desde a FRUGA pedímoslle ao señor Presidente da Xunta que si de verdade quere que esta sexa a lexislatura do rural empece pagando xa o anticipo da PAC de 2016 e solvente os erros administrativos que están impedindo o cobro de parte de algunhas axudas da PAC 2015, como pasa coas das vacas aléitantes, cando mais do 60% dos ingresos netos dunha explotación de carne depende do cobro destas axudas.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



