Lugo, 21 de novembro de 2016- A Subdelegación do Goberno e a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo convocaron este mediodía un minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico, no que participaron ademais outras autoridades das distintas administracións, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e membros de asociacións de vítimas, coa intención de chamar a atención sobre a traxedia persoal e social que supoñen estes sinistros e avivar conciencias para estimular á sociedade na loita común contra esta problemática.
No que vai de ano, 23 persoas perderon a vida nas estradas da provincia de Lugo. En toda Galicia, rexistráronse no mesmo período 92 falecidos en accidentes en vías interurbanas. En canto a anualidades anteriores, en 2015 o número de vítimas mortais na nosa provincia fora de 17, e 29 en 2014.
O subdelegado do Goberno lamentou o repunte rexistrado este ano con respecto ao ano anterior, se ben lembrou que a sinistralidade se reduciu notablemente nos últimos anos. De feito, en 2003 o número de falecidos fora de 82, e en 2008 de 49, por poñer algúns exemplos.
Ramón Carballo fixo un chamamento “á prudencia e ao cumprimento das normas de circulación” para evitar as mortes nas estradas. “Todos estamos implicados no tráfico, sexa como condutores ou como peóns, e por iso debemos concienciarnos e adoptar comportamentos responsables para frear a sinistralidade”, engadiu.
O Día Mundial en recordo das vítimas de tráfico conmemórase cada terceiro domingo de novembro dende o ano 2005, cando foi recoñecido oficialmente polas Nacións Unidas.
UNIDADES PARA ASESORAR ÁS VÍTIMAS
No acto deste luns lembrouse tamén a labor das Unidades de Atención a vítimas de accidentes de tráfico (UVAT), que se puxeron en funcionamento no ano 2013 nas Xefaturas Provinciais de Tráfico e que se encargan, de xeito totalmente gratuíto, de asesorar, informar e prestar axuda ás vítimas ou aos seus familiares, naquelas cuestións que poidan precisar despois de sufrir un sinistro de tráfico, como é na súa relación cos sistemas xurídico-penal, policial, social e sanitario. Do que se trata é de estar ao carón das vítimas, facilitarlles o acceso aos recursos existentes e velar polos seus dereitos. Dende xaneiro a outubro deste ano, a UVAT de Lugo atendeu a 711 persoas.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



