Estrasburgo, 14 dedecembro de 2016.Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), considera que o reparto das cotas límites de captura (TACs) acordados esta madrugada en Bruxelas polos ministros de Pesca da UE confirman a discriminación que ano tras ano sofre a frota galega, o primeiro país pesqueiro da UE, debido “a un reparto das posibilidades de pesca que aboca á ruína ao sector e o futuro das comarcas pesqueiras galegas”.Os límites aplícanse ás principais poboacións de peixes deinterese comercial no Atlántico e do Mar do Norte e das pesquerías internacionais nas que operen buques da UE.
Aprobados os TACs para as diferentes zonas de pesca e especies no vindeiro 2017, que supoñen, entre outras, unha baixada moi considerable das posibilidades de pesca do xurelo do Cantábrico (dun 23%) ou do rapante (dun 15%), Lidia Senra volveu chamar a atención sobre as consecuencias socioeconómicas dunha decisión que non ten en conta a capacidade pesqueira de Galiza. “A fixación dos TACs non pode converterse nunha ruína para o sector nin poñer en risco postos de traballo. Hai que primar un reparto que atenda a criterios socioeconómicos, tal e como establece o artigo 14 da Política Pesqueira Común (PPC), xunto á contribución á economía local e aos criterios medioambientais”, pide a eurodeputada.
O coñecido como “principio de estabilidade relativa”, que se aplica dende os anos 80 para repartir os TACs en forma de cotas de pesca entre os Estados membros en función das súas capturas históricas, “discrimina á frota galega e debe ser revisado”, esixe Senra. Como consecuencia da aplicación deste principio, algunhas frotas da UE reciben máis cota da que poden consumir mentres que a galega, e moi especialmente a artesanal e de baixura, a duras penas pode garantir a súa actividade malia representar o 80% da frota de Galiza.
“O sector artesanal e de baixura teñen que poder vivir da súa actividade”, reivindica Lidia Senra, que no pasado mes de setembro reuniu en Bruxelas a unha vintena de representantes do sector artesanal galego nun seminario no que se analizou como a concentración das cotas nas mans da gran industria provoca o desmantelamento da parte do sector máis selectiva e de menor impacto medioambiental para os recursos pesqueiros. Ademais, a eurodeputada ve no prezo do peixe “outro factor importante” para o porvir do sector. “A pesca precisa uns prezos dignos que remuneren o traballo de forma adecuada, porque do contrario a cota será sempre escasa e o futuro dos recursos pesqueiros correrá perigo”, defendeu.

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



