A Mariña, 16 de decembro de 2016. O vindeiro luns, 19 de decembro, terá lugar un pleno ordinario (o último ano) da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Será ás 20 horas en Cervo. No mesmo farase balance do ano que remata e dos presupostos cos que contará a entidade en 2017. A presenza da Mariña en Fitur e a necesidade de mellorar as comunicacións por tren na comarca serán tamén algúns dos asuntos que se aborden nesa sesión.
O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, anunciou que “como corresponde a un pleno ordinario para finalizar o ano, imos facer esta sesión o día 19, o vindeiro luns, ás oito da tarde, e por ser rotativas as súas celebracións, imos celebralo no Concello de Cervo. Como se trata de pechar o ano imos mirar as achegas económicas que cada un dos Concellos tivo que aportar durante o ano, as que corresponden para o ano que ven, e imos ver os orzamentos para o 2017”.
Llano asegurou que “en principio van ser moi parecidos aos do ano 2016, dado que a Mancomunidade soamente ten a achega dos propios concellos. É unha achega que da cada Concello e que se calcula en base á cantidade de habitantes que ten cada un. Son entre 45.000 e 50.000 euros como orzamento propio da Mancomunidade”.
O presidente da entidade explicou que “vivimos tamén un pouco economicamente das subvencións que nos veñen aportando diferentes administracións. A Xunta de Galicia aporta unha boa cantidade para desenvolvemento turístico, xa se sabe que temos un convenio coa Axencia de Turismo durante dous anos que está a punto de rematar. Todos os anos facemos un programa para o desenvolvemento integral da Mancomunidade como xeodestino. Este ano tivemos a novidade de facer os cursos de formación para hostalería e restauración, que tiveron moi boa acollida, houbo moita participación e complementouse con outras actividades que tamén tiveron moito éxito. Tamén promocionamos o Camiño Norte e seguimos co programa de turismo slow, sen esquecer as rutas artesáns ou o mes da maxia. Unha serie de iniciativas que se levaron adiante, que cada ano imos procurando cambiar, e para o ano que ven decidiremos qué imos facer con estes programas de turismo que están subvencionados”.
Alfredo Llano lembrou que “outra subvención que tivemos este ano foi para mercar colectores de diferentes usos en todos os Concellos da Mancomunidade. Foi unha subvención bastante grande da Xunta e puidemos mellorar os colectores. Ademais outra subvención que estamos aplicando agora é o Plan Avanza, que é unha formación a 60 persoas, das que 21 serán integradas nun traballo durante tres meses. Está tendo bastante bo resultado e estamos traballando nel con bastante ilusión os seis Concellos que formamos parte deste programa. É unha maneira de traballar desde a Mancomunidade no emprego”.
E engadiu que “tamén se está a facer a recollida de roupa. Desta maneira recóllese a través dunha empresa esa roupa que xa é inservible e coa que se fan fíos para os talleres e outro tipo de útiles. Deste xeito seguen valendo mentres que doutro xeito sería un problema para os Concellos. De aí tamén recadamos algo. E ademais temos a recollida selectiva de aceites do fogar, que tamén da cartos a final de ano, e grazas a esta reciclaxe temos un beneficio non soamente medioambiental senón tamén económico. A Mancomunidade soamente ten esa forma de aportar cartos, ou ben de xeito directo de cada un dos Concellos, de acordo coa poboación que cada un ten, ou a través de subvencións e beneficios que se van recollendo pola reciclaxe da roupa e do aceite”.
No pleno do vindeiro luns, 19 de decembro, Alfredo Llano adiantou que “trataremos uns informes da presidencia sobre FITUR, posto que imos organizarnos na maneira de levar a información de cada un dos Concellos a Madrid. Teñen que facilitarnos os folletos que queiran mandar en lotes ven preparados para enviar en xaneiro a Fitur e imos preparar cómo presentar a Mancomunidade de Municipios da Mariña alí. Temos 25 minutos para darnos a coñecer e así o faremos”.
Sobre a mobilización convocada para mañá en Lugo en demanda de melloras no tren, Alfredo Llano declarou que “como Mancomunidade gustaríanos que se melloren os servizos de FEVE na costa, e no pleno ordinario vou informar desa iniciativa e de implicarnos todos os Concellos para sacarlle algún beneficio tanto a nivel turístico como cultural. Hai diferentes colectivos como os estudantís e outros, que seguro que agradecen que promocionemos os servizos públicos de transporte”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



