A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, arrancará este martes, 27 de decembro, na Coruña unha campaña informativa que percorrerá ás principais cidades galegas ao longo das próximas semanas e na que se informará aos consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre as cláusulas chan. Durante estas xornadas, tamén se explicarán os pasos que deben seguir os afectados, ao redor de 200.000 en Galicia, para facer a súa reclamación ante as entidades financeiras.
A presidenta do Instituto Galego de Consumo e directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participará nesta primeira xornada informativa que terá lugar mañá na sede da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña (Cantón Grande, 6, 4ºD) a partir das 18.00 horas. A campaña ten como principal obxectivo prestar información e asesoramento gratuíto ás persoas que se viron afectadas por estas cláusulas.
O Instituto Galego de Consumo e da Competencia ten programado un calendario de charlas informativas que percorrerá as principais cidades galegas, e coas que a Administración autonómica pon a disposición dos usuarios todos os medios cos que conta para que poidan reclamar ante as entidades bancarias a devolución do diñeiro cobrado indebidamente a través das cláusulas chan.
Para facilitar o acceso a toda a información que precisan, tamén se publicou na web de Consumo un documento no que se especifican as instrucións sobre cómo proceder para reclamar ante as entidades financeiras, un modelo de formulario para realizar a reclamación, así como a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao respecto. Ademais, os cidadáns poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego de Consumo, a través do teléfono gratuíto 900 231 123, así como nas oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC) e nas asociacións de consumidores e usuarios de Galicia.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



