Cervo, 16 de xaneiro de 2017. O Concello de Cervo, a través do seu delegado de Seguridade, José Ramón Soto, e o cabo de Protección Civil, Mario Antuña, achegáronse á Academia de Seguridade de Galicia, con sede na Estrada, para recibir da man de vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do director Xeral de Emerxencias e Interior do goberno autonómico, Luis Menor, un equipo de excarcelación de última xeración tecnolóxica valorado en 50.000 euros.
José Ramón Soto explicou que “o Concello de Cervo ten que agradecer á Xunta de Galicia esta importante doazón, que contribúe a fortalecer os servizos que o noso Concello aporta a unha gran parte da Mariña a través do GES. Este equipo está composto dunha bomba hidráulica, cizalla, un separador, corta pedais, 2 ram telescópicos, ferramentas multiusos eléctricas de corte, eslingas, tacos, cuñas e proteccións. Todo un conxunto de medios que, aínda que o ideal sería non ter que usalos, nos casos en que sexan necesarios potenciarán os servizos do GES de Cervo”.
O concelleiro de Seguridade rematou comentando que “por isto e outras moitas xestións que dende o equipo de goberno deste Concello se levan a cabo coa Xunta de Galicia e que, sen lugar a dúbidas, redundan no beneficio de todos os cervenses é a nosa obriga reiterar o noso máis sincero agradecemento”.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



