Lugo, 17 de xaneiro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, informou este martes sobre a nova campaña de promoción turística da provincia lucense, que arranca o Goberno da Deputación baixo o lema “Lugo Cambia”. Faino en FITUR coa presentación de varios traballos audiovisuais en diferentes idiomas (galego, español, portugués, inglés e francés), que poñen en valor o conxunto dos recursos naturais, patrimoniais, culturais ou gastronómicos dos 67 Concellos da provincia, así como os específicos de cada un dos 4 xeodestinos turísticos nos que se divide o territorio lugués: A Mariña, que aglutina 15 municipios; Lugo-Terra Chá, con 26; Ribeira Sacra, con 13; e Ancares-O Courel, con outros 13.
Campos Conde explicou que “cremos que é necesaria a posta en marcha dunha campaña de promoción turística de Lugo para que esta provincia deixe de ser para moitos unha grande descoñecida. Arrancámola en FITUR porque cremos que é o mellor escaparate para facelo, pois trátase da feira turística de referencia no noso país, así como un encontro global para todos os profesionais do turismo, no que a nosa provincia tiña que estar presente”.
Faino baixo o lema: “Lugo Cambia”. O Presidente apuntou que “decidimos que o lema da nosa campaña leve este nome por 3 razóns:
1ª.- “Pola diversidade da oferta turística da nosa provincia. Nada ten que ver a beleza das praias da Mariña, coa dos viñedos da Ribeira Sacra, coa da montaña dos Ancares e do Courel ou coa dos ríos e lagoas da Terra Chá. O que queremos transmitir á xente con este lema é que hai moitos mundos nunha soa provincia, que as experiencias que se viven son diferentes en función do lugares que visites na nosa provincia”.
“En definitiva, Lugo Cambia”, remarcou.
2ª.- “A segunda razón fai referencia á evolución e innovación da nosa provincia; como en Lugo sabemos adaptar aos novos tempos, ao século XXI, a nosa historia e tradición, facendo da mesma un importante recurso turístico e económico. Fomos capaces de manter ata os nosos días sectores de referencia na historia desta provincia, que son signos da nosa identidade, como a oleiría, a ferreiría ou a viticultura, innovando. Por exemplo, da incrible viticultura heroica avanzamos ata a comercialización do viño da Ribeira Sacra en Estados Unidos, Noruega, Venezuela ou Xapón. Ou como soubemos poñer en valor o noso rico pasado con citas de grande prestixio como o Arde Lucus, a Festa Normanda ou a Renacentista”.
“Lugo cambiou e cambia porque somos quen de avanzar e de reinventarnos”, subliñou.
3ª.- “A terceira razón do noso lema ten que ver coas sensacións que che produce vir a Lugo. Cremos que a ninguén lle pode pasar desapercibida, por exemplo, unha visita ás nosas inmensas praias rocosas, á Muralla Romana que rodea a cidade de Lugo, ás paisaxes das tres Reservas da Biosfera ou a entrada do Camiño de Santiago a Galicia polo Cebreiro”.
“Lugo cámbiate”, apuntou.
Traballos audiovisuais
O Goberno da Deputación arranca en FITUR a campaña de promoción turística da provincia “Lugo Cambia” cos primeiros 5 traballos audiovisuais, pois xa traballa na elaboración de novo material con máis detalles sobre o que poden atopar os visitantes en cada un dos xeodestinos turísticos da provincia de Lugo. Toda esta documentación estará en galego, castelán, inglés, portugués e francés para chegar a todos os públicos.
Plan Integral de Turismo
Simultaneamente ao desenvolvemento desta campaña de promoción para que “Lugo deixe de ser unha descoñecida”, o Presidente destacou que o Goberno da Deputación está a traballar na elaboración dun Plan Integral de Turismo cun claro obxectivo: “converter a Lugo nun destino turístico de referencia en España”.
“Para acadar esta meta non é suficiente a única implicación desta Deputación, senón que é imprescindible a xeración de sinérxias entre o sector público e o privado. É dicir, necesítase da colaboración de todas as administracións do país con todos os axentes implicados no sector turístico. E non só no ámbito provincial ou autonómico, senón máis alá das nosas fronteiras. Este será o único xeito de que as axencias e turoperadores inclúan á provincia de Lugo na súa oferta turística.” salientou Campos Conde.
O Presidente remarcou que segundo datos do INE a provincia tivo un millón de visitantes no 2015 e a pernotación media foi de menos 1,44 días, menos de 2 días. “Entre todos temos que mellorar estes datos, pois é posible pasar varios días en Lugo, gozando de distintas actividades ou paisaxes”. O Plan Integral de Turismo definirá ás actuacións que se deben poñer en marcha para que isto sexa posible.
4 xeodestintos turísticos
Na provincia de Lugo hai 4 xeodestinos turísticos, que son os seguintes:
– A Mariña, que abarca 15 Concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
– Ancares- Courel, que abarca outros 13 Concellos: A Fonsagrada, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Triacastela e Samos.
– Lugo-Terra Chá, que aglutina 26 municipios: Abadín, Antas de Ulla, A Pastoriza, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, O Corgo, O Páramo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba e Xermade.
– Ribeira Sacra, con outros 13 Concellos: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



