Lugo 12-2-17. A Fundación TIC contribuirá á difusión do X Campionato Internacional de Baristas de Foz, que terá lugar do 15 ao 17 de febreiro. Alumnos de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son, EIS, encargaranse do streaming o do X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría, que emitirá a través do seu canal de Facebook Life. Ademais, un equipo da TIC dará sinal a dúas pantallas de plasma para seguir in situ o resto dos certames, o V Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o de Catas de Café. Hai unha década ca TIC colabora coa organización do certame, por mor do convenio que ten asinado co IES de Foz.
Tres días de demostracións
As demostracións abriranse o mércores, 15 de febreiro ás 17:00 horas coa final do X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, ao que seguirá o V Campionato Internacional de Cata de Cafés. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de trofeos do certame de cata, e ás 20:30 horas unha demostración de Tiraxe de Cervexa. O xoves, día 16, ás 9:30 horas comeza a última fase da final do Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría. Ás 13:30 horas fará unha demostración o Campión de España en Latte Art, Héctor Hernández, e ás 14:00 horas será a entrega de premios.
O último día, o venres 17 estará adicado ao V Campionato Internacional de Baristas que se desenvolverá a partir das 9:00 horas, para concluír coa entrega de trofeos ás 14:30 horas.
Nesta edición participarán 14 Escolas de Hostalaría de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela León, e 12 profesionais de prestixio no sector.
Prácticas profesionais
A colaboración da TIC é unha práctica do módulo de Realización de Televisión da EIS e nela 15 alumnos de 2º curso, co apoio de docentes, realizarán, gravarán e emitirán en directo as demostracións do Campionato. Co material que se obteña, os estudantes editarán un vídeo, que se entregará aos responsables do IES de Foz. Os alumnos da EIS empregarán catro cámaras autónomas, un control móbil, e o equipamento preciso para o streaming. Cada estudante rotará por todos os postos, dende realización, son ou operador de cámara, e estarán pendentes de todo o equipo necesario para o directo.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



