Lugo, 2 de marzo de 2017.- A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe unha xuntanza sobre o problema dos desafiuzamentos e o acceso á vivenda á que foron convocados os alcaldes e técnicos de servizos sociais de todos os concellos da provincia.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que o obxectivo do encontro é “sumar esforzos, xa que as administracións locais e a autonómica podemos e debemos colaborar para prestar unha atención áxil e resolutiva ás vítimas de desafiuzamentos e, en xeral, para facilitar o acceso á vivenda a todas as persoas que precisan apoio pola súa situación económica ou social”.
O delegado lembrou que os servizos sociais municipais son en moitas ocasións os primeiros en detectar unha situación de risco que require do amparo dos recursos públicos, a primeira canle pola que reciben información os afectados e a que os deriva cara aos servizos ou departamentos autonómicos que corresponda, de ser o caso.
Ademais, Balseiro invitou aos concellos que aínda non o fixeron a sumarse ao programa de vivendas baleiras. A través deste plan, os concellos adheridos poden mobilizar inmobles desocupados para destinalos a alugueiro social a un prezo máximo de 300 euros.
A Xunta financia nestas vivendas un seguro de multirisco e outro de garantía de cobros que inclúe asistencia xurídica gratuíta para os propietarios. Na provincia hai xa oito concellos que toman parte nesta iniciativa da Xunta consensuada coa Fegamp.
Na xuntanza, os representantes municipais recibiron información tamén sobre o bono alugueiro social, que facilita o apoio urxente ás familias con risco de ser desaloxadas. Contempla a concesión de 200 euros mensuais durante un máximo de 3 anos e outra axuda única adicional de 600 euros para afrontar os gastos atrasados ou aos gastos de formalización dun novo contrato.
Ademais, o IGVS garante a adxudicación directa dunha vivenda para realoxo de afectados por execucións hipotecarias cando estes acrediten uns ingresos ponderados inferiores a 2,5 veces o IPREM.
Na mesma liña, grazas ao acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial e a Fegamp, nos casos nos que se detecte especial vulnerabilidade os afectados poden solicitar a suspensión temporal do lanzamento, logrando o aprazamento xudicial dos desafiuzamentos ata acadar unha alternativa de vivenda.
Durante o encontro analizáronse estas e outras medidas -como o programa Reconduce ou o Plan Rehabita- coa finalidade de que os concellos teñan completa información dos recursos e mesmo poidan ampliar as ferramentas ao seu alcance para ofrecer solucións ás persoas que o precisen.
Durante o pasado ano 400 lucenses recibiron axudas da Xunta de Galicia para o aluguer da súa vivenda habitual, un obxectivo ao que a administración autonómica destinou 504.440 euros. Deste total, 39 beneficiáronse do bono social.
“O que pretendemos -concluíu o delegado- é traballar conxuntamente cos concellos para facer chegar os recursos ás persoas que os necesitan”.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



