Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2017.- A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, investirá 22.000 euros en melloras para a eficiencia enerxética nos peiraos da Mariña lucense. O organismo está a tramitar actuacións de substitución de sistemas de alumeado tradicional e dotación de lámpadas LED nos peiraos de Burela, Celeiro (Viveiro) e Foz.
En concreto nos casos de Burela e Celeiro a actuación centrarase nas zonas dos peiraos comerciais. No primeiro caso, despois de revisar o sistema de alumeado para dar resposta aos problemas que estaba a ocasionar, Portos decidiu repoñer os proxectores con lámpadas LED, así como dotar de máis puntos de luz a zona de traballo.
En canto a Celeiro, tamén se realizou un estudo do sistema de alumeado ante a falta de luz suficiente na explanada de acopio de cuarzos. Para garantir maior seguridade na actividade de carga procedeuse a instalar 3 novos proxectores de LED nas torres do peirao, orientados ao cantil.
Finalmente, polo que respecta ao porto de Foz, renovarase o alumeado existente no paseo da Rapadoira, substituíndo os puntos de luz actuais por luminarias LED. Este tipo de lámpadas supoñen un aforro de consumo enerxético que revirte no aforro económico así como nun consumo máis sustentable ambientalmente.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



