Ribadeo, 6 de marzo de 2017. O vindeiro sábado, día 11, haberá diversas actividades culturais en Ribadeo: contacontos para @s máis pequen@s, concerto de rock e queima do Entroido. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliña que “a queima foi aprazada debido ao aviso de fortes ventos na zona para a noite do pasado sábado”.
O edil nacionalista contou que “unha das mellores narradoras galegas, Raquel Queizás, estará cos seus Nanocontos este sábado ás 17.30 horas na biblioteca El Viejo Pancho. Trátase dun espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención”.
Farruco Graña dixo que “é unha actividade que se inscribe no programa Apego no que están inscritas polo de agora en Ribadeo unhas 50 familias. Asemade, desde a presentación do programa o mes pasado lévanse repartido 15 caixas de benvida a pais e nais con bebés, ou que están agardando a telo, e que teñen interese en transmitirlle o galego aos seus fillos e fillas”.
Nanocontos será na biblioteca este sábado ás 17.30 horas, con entrada libre ata completar o aforo que ten a sala e terá unha duración de 35 minutos.
O concelleiro de Cultura relatou que “a proposta cultural para este sábado tamén ten oferta para o público xeral. Na nosa idea de ofrecer variedade de xéneros as Músicas Posíbeis presentan desta vez á banda sevillana Bittersweet, que trae o seu segundo traballo chamado curiosamente Ribadeo. Anécdotas á parte, dicir que é un disco con cinco cortes, que van desde o pop ata a psicodelia dentro dunha atmosfera de rock, guitarras e sintetizadores. Segundo a crítica as súas letras son ben diferentes da súa proposta anterior e abren novas posibilidades para os concertos en directo. Teremos ocasión de comprobalo o vindeiro sábado, día 11, ás 20.30 horas no Teatro”.
Farruco Graña engadiu: “e por último, tras o concerto, poderemos asistir á suspendida Queima do Entroido este sábado pasado, porque as predicións apuntaban a que podía haber vento. E con vento, non se poden botar os fogos de artificio. Se a velocidade supera os 36km/h, non se poden facer espectáculos de pirotecnia. O sábado pola mañá todo apuntaba (segundo as distintas predicións meteorolóxicas) a que ía haber ventos de ata 60km/h na Mariña luguesa. Foi por iso que, desde a organización, considerouse máis prudente aprazalo para o sábado seguinte e non realizar toda a montaxe do espectáculo e acabar suspendéndoa e perdendo todo o material. A programación prevista para o sábado 4 vaise levar a cabo o vindeiro día 11”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



