Como non podía ser doutro xeito, o complexo contexto económico que vivimos nos últimos anos derivou unha vez máis na posta en cuestión dos concellos máis pequenos. E unha vez máis, as cifran volven a deixar en absoluta evidencia a aqueles que queren poñer en dúbida a xestión dos nosos municipios.
Os 200 concellos menores de 5.000 habitantes galegos suman en torno a 16.000 entidades singulares de poboación, máis do 25 % das existentes no Estado, o que incide directamente na prestación dos servizos que os municipios teñen que brindar de xeito obrigatorio atendendo a súa tipoloxía. O feito de contar con esta dispersión tradúcese en que haxa que destinar unha porcentaxe do orzamento significativamente maior que os concellos do resto do Estado a servizos como a xestión do lixo, xestión da auga, alumeado público, vías públicas ou servizos sociais.
Galicia é como é, e esta peculiar configuración dos asentamentos poboacionais, diametralmente distinto do resto de Comunidades Autónomas, produce unhas especiais dificultades na prestación de servizos ao longo do territorio, non só aos concellos senón tamén á propia Xunta de Galicia. Pero incomprensiblemente, o financiamento local estatal non ten en conta estas circunstancias no reparto dos fondos destinados aos concellos. Imponse a asunción de certas competencias pero non se teñen en conta factores que afectan decisivamente ao incremento do custo da súa prestación.
E ademais Galicia ten que seguir sendo como é. A noso propia idiosincrasia é a que nos fai diferente ao resto dos territorios, e ese factor diferencial é algo irrenunciable e ten que estar absolutamente á marxe de conceptos económicos propios dos grandes mercados e políticas europeas. Conceptos como os de eficiencia e eficacia na prestación dos servizos hai que establecelos en función das peculiaridades de cada territorio.
E nós somos Galicia e esta Galicia non se pode entender sen os nosos núcleos de poboación, sen os nosos concellos singulares. Temos que entre todos buscar o xeito de que traballar a nosa terra siga sendo unha forma de vida, un foco de oportunidades laborais, dentro deste mercado europeo. Unha porcentaxe do noso solo está sen producir, sen explotar, e en buscar o camiño para que a terra sexa produtiva está a solución para frear a despoboación do noso rural.
A esencia máis importante da nosa democracia é o feito de que o goberno está nas mans do pobo a través dos seus representantes públicos. E moitos destes concelleiros fan unha labor importantísima nos seus concellos. Moitos deles dun xeito vocacional e altruísta e outros reciben algún tipo de remuneración polo seu traballo, ao igual que o secretario do concello ou o resto do persoal municipal. E algúns cobran, é certo, por enriba da débeda que ten o concello porque sinxelamente un número significativo de concellos menores de 5.000 habitantes galegos non teñen débeda algunha. Iso tradúcese en que neste tramo se dan os índices máis baixos de débeda por habitante de todo o Estado. Mentres que a débeda pública dos concellos galegos con menos de 5.000 habitantes está por debaixo dos 40 € por habitante, a media estatal supera os 150 € por veciño, e a débeda viva está nos 153 € fronte aos máis de 600 € per cápita media dos concellos do Estado. De feito, se hoxe podemos presentar en Europa uns resultados aceptables é fundamentalmente polo esforzo realizado pola administración local, que a diferenza das restantes administracións, ano tras ano presenta contas con superávit, e no que os concellos con menos habitantes foron pezas clave.
Como reflexión final, creo que a prioridade máxima que teñen os concellos galegos é lograr que dunha vez por todas o Estado estableza uns criterios que permitan un financiamento xusto e adecuado. O mantemento das premisas actuais acrecentará a desigualdade que hoxe propicia que os nosos municipios perciban 50 € por habitante, por debaixo da media estatal.
Pódese admitir que se propoñan alternativas, que deberían estar fundamentadas en rigorosos estudios previos onde se midan custos, criterios e calidade dos servizos. Pero para elo non cremos que sexa adecuado desacreditar o importante papel que actualmente desenvolven os concellos pequenos e os seus cargos electos elixidos democraticamente polos seus veciños. Porque os datos expostos poñen en evidencia que os concellos pequenos non somos de ningunha maneira o problema das administracións públicas que algúns queren dar a ver.
Alfonso Villares
Vicepresidente primeiro da Fegamp e alcalde de Cervo.



















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



