Barreiros 23-3-17. As Xornadas de Teatro organizadas polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros chegan ao seu final na vindeira fin de semana. Dúas novas propostas darán remate a esta actividade, que desde o Colectivo cualifican como moi satisfactoria, tanto desde o punto de vista da calidade das propostas presentadas como da afluencia de público a todas e cada unha delas.
O sábado 25, ás sete da tarde e no Centro Social de Vilamar será o grupo O BATÁN de Cangas de Foz o que, coa dirección de Mª Paz Rodríguez Silva, porá en escena “BICOS DE VINAGRE”, unha obra ORIXINAL DE Francisco Piñeiro na que se aborda o tema dos problemas de familia. “Como consecuencia da desestruturación da familia tradicional, os fillos utilízanse como parapetos tras dos cales algún pais e nais agochan moitos dos seus defectos, dando como consecuencia unha educación carente de valores éticos e sociais. Compre revisar certas condutas familiares que prexudican sempre ao mais débil: OS FILLOS”
O domingo 26 será o grupo anfitrión o que poña o peche a estas xornadas. Neste caso a representación será tamén ás sete da tarde no Centro Social de O Canteiro en San Pedro de Benquerencia. Para esta ocasión o Grupo de Teatro de Ollomao preparou un espectáculo que titulou “DOUS CONTOS E … UNHA SORPRESA”. Trátase de retornar unha parte da súa última montaxe “Catro contos” ao seu ambiente orixinal e mostrarlle ao público dous deses contos tal e como se puideron ver na súa primeira versión cando formaban parte do proxecto “Teatro nos bares”. Ademais, como colofón, haberá unha pequena sorpresa que como tal non podemos desvelar.
As entradas, que poderán adquirirse nos propios locais desde media hora antes do inicio da función, terán un prezo de 2 euros






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



