Burela, 7 de abril de 2017. O Concello amortizará anticipadamente 400.000 euros do préstamo de refinanciación do plan de pago a provedores. Ese foi un dos asuntos aprobados no pleno ordinario celebrado onte. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que as contas municipais se van saneando pouco a pouco e adiantou que en xuño se amortizará tamén outro préstamo derivado da excisión de Cervo e Burela.
O rexedor explicou que “no seu conxunto había tres puntos que realmente son os que destacaban sobre os outros. Un era a amortización anticipada do préstamo de refinanciación do plan de pago a provedores, do que xa amortizamos o ano pasado unha parte e este ano amortizamos case o que resta que son 400.000 euros, de tal maneira que ese préstamo queda liquidado”.
Alfredo Llano subliña que “esa é unha boa noticia para o Concello de Burela, dado que deste xeito vamos eliminando cuestións que podían implicar algún problema no plan de axuste ou algún compromiso que tiveramos con respecto á economía que agora hai que defender en cada un dos concellos. Isto permítenos ver que a economía do Concello de Burela está ben saneada, estamos a realizar unha boa xestión neste campo e non estamos atados a préstamos”. E adiantou que “no mes de xuño tamén imos rematar outro préstamos que tiñamos aí pendente e derivado da excisión de Cervo e Burela. Quedará rematado no mes de xuño, por tanto as contas deste Concello están quedando pouco a pouco ben saneadas, con futuro e con optimismo encamiñamos os vindeiros anos”.
O alcalde burelés indicou que “outro punto abordado foi a modificación puntual da RPT (relación de postos de traballo) para poder convocar unha praza de técnico de xestión relacionado co medio ambiente e co urbanismo, que nos fai moita falla aquí no Concello porque hai moita dinámica sobre estes temas e debemos apurar para conseguir que esta praza estea funcionando o antes posible. Para poder facelo houbo que facer esta modificación da RPT, que xa foi aprobada. E o outro punto era para dotar de orzamento suficiente a esta praza de xestión. Modificamos aí unha partida para poder darlle cobertura económica este ano”.
Mocións
Alfredo Llano sinalou que “despois houbo dúas mocións, no pleno que tivemos onte, que se presentaron por parte do BNG. Unha delas foi solicitando o servizo de fisioterapia para o centro de saúde de Burela. Desde o equipo de goberno apoiamos esa moción, pero tamén quixemos recalcar e reafirmarnos nas nosas peticións para a mellora da sanidade pública en todos os aspectos, tanto no Hospital da Costa como na atención primaria. Hai unha cuestión que nós consideramos que debe ser reforzada como pode ser o servizo de pediatría e tamén temos demandado a creación dunha praza de forense. Hai que ir mellorando todo isto, non só debemos tratar de solicitar un profesional illado, senón que hai que ver o conxunto e as necesidades do conxunto, que é por onde nosoutros queremos ir avanzando, aínda que apoiamos a moción do BNG”.
O alcalde relatou que “a outra moción era referida ao tren de Feve. Hai algo que preocupa porque agora o Ministerio de Fomento vai publicar unha nova relación destes servizos para os próximos anos, vai facelo no verán e hai algunha información que xa preocupa. Por exemplo vanse endurecer os criterios para manter os servizos, e vaise ter en conta a rendabilidade económica e o número de viaxeiros, e se hai outro transporte alternativo no mesmo traxecto”.
Para Llano “estanse esquecendo do carácter social, vertebrador e dinamizador que o tren debe ter nesta zona e na economía de A Mariña. Estanse suprimindo trens de mercadorías e vese que hai un trato discriminatorio con respecto a outras zonas de España. É moi preocupante a situación”.
O rexedor burelés declarou que “eu vou plantexalo na Mancomunidade, pero penso que debemos estendelo non soamente á Mancomunidade da Mariña senón que hai que ir aos Concellos desde Ferrol ata Ribadeo e xuntarnos todos, e facer presión suficiente como para ser determinantes nas decisións. O que non poden é pouco a pouco ir eliminando trens, servizos, revisores, non tendo persoal para mantemento, o que dá lugar a que vaia desaparecendo e a calidade do servizo vaise vendo moi mermada. Isto debe preocuparnos a todos porque estase falando do AVE noutras zonas, pero aquí é importantísimo que se manteña polo menos este servizo”.
Alfredo Llano pensa que “a única maneira é tomar cartas no asunto con decisión e rigor, e esixir a Fomento non soamente que manteña senón que mellore este servizo do tren desde Ferrol a Ribadeo.
Nosoutros aprobamos esa moción sen problema ningún, pero tendo en conta que aquí hai que actuar urxentemente e todo o mundo debemos defender e esixir que se manteña e mellore este servizo”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



