Foz a 11 de abril de 2017. No pasado mes de marzo e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan reparar os aparellos de ximnasia de diante da piscina municipal, ou substituílos por outros.
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a arranxar unha gran fochanca que hai no camiño das Areosas en Mañente.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno ou a quen competa, procedan a volver a colocar unha sinal indicativa de dirección Foz e Viveiro que hai na ponte de Mañente saíndo cara a N-642, que está tirada hai mais de dous anos.
Preguntas mes de xuño.
1.En xaneiro de 2016 FPF levou a pleno unha moción para instar a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) a retomar e acabar o proxecto da estrada Foz-Ferreira LU-152 PKM 4, que consiste na ampliación deste enlace entre a estrada nova e antiga, con ancheamento da calzada, durante 52 metros e canalización durante 38 metros dun rego de auga, e a súa posterior reposición de pavimento e a súa sinalizacións correspondente.
Dita moción foi aprobada cos votos favorables de FPF, PSOE e BNG e coa abstención do PP.
¿Temos algunha noticia sobre esta obra?
Resposta: Xa se fixo un arranxo e que alí hai tres accesos e non se vai facer nada mais .
2.As obras da senda peonil de Forxán están paradas ¿Hai algunha razón para que se paralizaran?
Resposta: Vaise iniciar agora a obra. Só se fixo un levantamento de terras para tomar certas medicións.
3.¿Sábese algo do arranxo do problema do cruce da Ribela?
Resposta: Hoxe pintáronse as raias descontinuas que dan acceso a cruzar a vía.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



