Viveiro 11-4-17. Na Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte acordouse aprobar o expediente de contratación para o proxecto denominado “Reposición de firme y mejora de servicios urbanos en los viales de acceso al colegio y a la iglesia parroquial de Covas-Viveiro” e mais a petición de ofertas a tres empresas.
As obras, que está previsto que se inicien na primeira quincena do mes de maio, consisten no levantado de pavimento e instalacións existentes no Camiño da Igrexa e no acceso ao colexio de Covas, dotación de servizos (mellora da rede de abastecemento de auga, saneamento e pluviais e canalización do alumeado público) e reposición do pavimento mediante aplicación de aglomerado en quente de 6cm de espesor medio.
Covas é, xunto con Celeiro e o casco de Viveiro, un dos núcleos máis poboados do municipio, no que o número de vivendas existentes se incrementou de maneira notable nos últimos anos. O continuo tránsito de vehículos para acceder á igrexa e ao colexio de Covas provocou un deterioro dos viais de acceso a estas edificacións, dificultando, nalgúns casos, a circulación polos baches e socavóns que presentan. Con estas obras preténdese garantir o bo tránsito circulatorio nesta zona e mellorar a calidade dos servizos ofrecidos a veciños e visitantes.
O proxecto conta cun presuposto de contrata de 54.224,84 euros e será financiado pola Deputación Provincial de Lugo grazas ao convenio de colaboración asinado entre ambas administracións.
A alcaldesa
María Loureiro García





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



