Mondoñedo, 11 de abril de 2017.- O Concello de Mondoñedo impulsa unha nova iniciativa, no marco dun traballo conxunto coa ACIAM, coa que buscan reforzar a difusión da información turística a través da hostalería. En concreto, o Goberno de Elena Candia e a asociación editaron manteis individuais coa información e os aspectos máis representativos da cidade.
A rexedora entregou esta mañá os cubremesas de papel aos representantes da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) para o seu posterior reparto entre os negocios de hostalería do municipio. En concreto, fixo a recollida o seu presidente, Ángel José Marful.
Elena Candia explica que “a edición destes manteis é un pulo máis que permite ofrecer unha mellor información sobre os nosos recursos aos visitantes e turistas, para que podan coñecer con maior exactitude o enorme potencial que ten a nosa cidade”. A rexedora lembrou que “estamos a ordenar a información nos medios dixitais, así vimos mesmo de presentar unha aplicación para móbiles, pero consideramos que iniciativas como a dos manteis tamén axudan de maneira destacable a que os turistas coñezan os nosos recunchos”.
O deseño dos manteis individuais que se repartirán entre a hostalería mindoniense forma parte dunha iniciativa incluída dentro do proxecto ‘Mondoñedo, mil historias que vivir; a través do que o Concello e ACIAM presentan os produtos turísticos da localidade relacionados tanto coa historia e o patrimonio, a arte e a literatura, a gastronomía, a artesanía, a natureza e o Camiño Norte.
Deseño dos manteis
O deseño dos manteis inclúe os aspectos máis representativos no eido turístico da localidade. Así, por un dos lado os manteis teñen impreso un mapa da localidade cos puntos máis visitados e coa información turística máis relevante, indicando de xeito pormenorizado os lugares de interese como son os monumentos ou os sitios ligados a escritores, músicos e mesmo á artesanía. Ademais tamén inclúen información sobre os servizos que ofrece a localidade e onde comer e durmir.
Na outra cara do mantel, conta cun especial protagonismo unha ampla reportaxe fotográfica a través da que se pon en valor os aspectos cun maior potencial turístico. En imaxes, resúmese a importancia turística do municipio; tendo unha importancia destacada o Camiño Norte e a Catedral, declarados Patrimonio da Humanidade no 2015 e tamén a Cova do Rei Cintolo, un dos principais reclamos turísticos de Mondoñedo. As festas (As San Lucas, As Quendas, O Mercado Medieval, Os Remedios e a Rapa das Bestas) tamén contan co seu espazo no deseño dos manteis.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



