Ribadeo, 19 de abril de 2017. Hoxe, mércores, profesores da Escola Municipal de Música de Burela ofreceron un concerto de música nos centros de primaria da localidade. O motivo deste evento “é achegar os instrumentos aos alumnos e anunciar que se andan a organizar Obradoiros Musicais, por parte desta escola, coa colaboración da Delegación de Cultura e Educación do Concello de Burela”, segundo explica Xan Carballal.
O director da Escola de Música de Burela indicou que “estes obradoiros están dedicados a todos os nenos/as que estean interesados en coñecer os instrumentos de vento madeira, tales coma o saxo e o clarinete, ou calquera especialidade da familia de vento metal, como por exemplo trompeta, trompa, tuba, trombón, ou algún instrumento da familia de percusión como marimba, batería, etc. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, e participar dos obradoiros ofertados de balde”.
Carballal engadiu que “para inscribirse en ditos obradoiros terase que cumprimentar a folla de inscrición facilitada aos rapaces, grazas á colaboración dos directores dos centros, e entregala o día da presentación,o 26 de abril ás 17:00 horas, onde tamén se facilitarán os horarios”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



