Lugo, 4 de maio de 2017.O Goberno da Deputación atende a máis dun milleiro de maiores co servizo de Teleasistencia, completamente renovado. Son, concretamente, 1.061 persoas as que hoxe en día están a empregar este servizo que o Goberno da Deputación ofrece a custo cero a todos os maiores dos municipios lucenses, dependentes ou non, pero con dificultades en canto a súa autonomía. Faino porque a Xunta, ademais de obrigar ao copago da prestación que ofrece, deixa fóra a centos de maiores con limitacións porque non están recoñecidos como dependentes.
En canto á gratuidade da Teleasistencia da Deputación, cómpre subliñar que o Goberno Provincial fixa que sexan os propios traballadores sociais os que valoren a situación de cada un dos demandantes desta prestación para que conten coa mesma ás persoas que realmente a necesitan. Ditos profesionais fano en visitas aos domicilios dos posibles beneficiaron para coñecer in situ a súa situación (apoios familiares, saúde, capacidade na toma de decisións, grao de soidade, dependencia ou discapacidade, se viven en zonas illadas ou en núcleos rurais de difícil acceso…). Prímanse criterios sociais na concesión.
Na actualidade, o Goberno da Deputación dispón doutras 494 prazas de Teleasistencia para maiores lucenses. Os interesados poden solicitar as mesmas, chamando ao 982-260-138. O Executivo Provincial financia na súa totalidade con 300.000 euros exactamente 1.555 prazas. Destas 1061 están sendo empregadas por maiores de toda a provincia polo que hai dispoñibles as mencionadas 494.
Distribución das prazas por zonas
Os usuarios do servizo de Teleasistencia da Deputación son 1.061 persoas. Do total, o 83% son mulleres, 879; e o 17% homes, 182. A distribución por zonas é a seguinte.
A Mariña: son 257 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 25% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Riotorto 1; A Pontenova 4; Ribadeo 71; Trabada 5; Barreiros 17; Foz 15; Lourenzá 9; Mondoñedo 17; Alfoz 10; Burela 18; O Valadouro 4; O Vicedo 11; Viveiro 44; Xove 2; Cervo 22; e Ourol 7.
Terra Chá: son 181 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 17% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Pol 10; Meira 5; Ribeira de Piquín 0; Abadín 16; Muras 4; Castro de Rei 15; Cospeito 13; Guitiriz 15; A Pastoriza 9; Vilalba 52; Xermade 26; e Begonte 16.
Comarca de Lugo: son 256 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 24% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Castroverde 9; Lugo 194; O Corgo 7; Friol 10; Guntín 4; Outeiro de Rei 7; Portomarín 4; e Rábade 21.
Comarca de Sarria: son 83 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 7.8% do total de prazas. A distribución é a seguinte: O Incio 7; Láncara 5; Paradela 12; O Páramo 1; Samos 0; Sarria 56; e Triacastela 2.
Comarca da Ulloa: son 9 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 0.1% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Antas de Ulla 1; Monterroso 5; e Palas de Rei 3.
A Montaña: son 45 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 4.2% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Baleira 6; Negueira de Muñiz 1; A Fonsagrada 12; Baralla 12; Becerreá 2; Cervantes 4; Navia de Suarna 2; As Nogais 2; Pedrafita do Cebreiro 4; Folgoso do Courel 0.
Lemos e Chantada: son 230 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 21.6 % do total de prazas. A distribución é a seguinte: Bóveda 10; Monforte de Lemos 63; Pantón 17; A Pobra do Brollón 7; O Saviñao 22; Sober 22; Quiroga 26; Ribas de Sil 16; Carballedo 6; Chantada 33; e Taboada 8.
Servizo máis profesional e humano
O Goberno da Deputación elaborou unha nova ordenanza para renovar e mellorar a Teleasistencia Provincial, acadando un servizo máis social e profesional. É máis social porque, por primeira vez, se incluíron baremos psicosociais e psicosanitarios para concesión das prazas. Deste xeito, tense en conta aspectos como o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións, a situación familiar dos demandantes, o ámbito ou condicións da vivenda, se viven en lugares do rural illados… É máis profesional porque a concesión das prazas non é un mero trámite administrativo, senón que son os traballadores sociais son os que valoren in situ, en encontros cos solicitantes, a súa situación sanitaria, social ou familiar… para comprobar e determinar a necesitade desta prestación gratuíta que ofrece o Goberno da Deputación.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



