En filosofía do dereito existiron tradicionalmente dúas correntes significadas de pensamento: o dereito natural ou “iusnaturalismo” e o positivismo.
Para os primeiros –iusnaturalistas- o dereito era una doutrina ética e xurídica que se baseaba na existencia de dereitos humanos, intrínsecos, universais para toda a humanidade; os segundos, os positivistas, entendían que o dereito era o conxunto de normas escritas polas que se rexía unha sociedade concreta nun momento histórico determinado.
Sen pretender ser este un artigo teórico sobre filosofía do dereito si habería que por un par de exemplos para ilustrar: todo home, polo feito de selo, tería dereito a dispor sobre a súa propia vida, polo tanto sería este un dereito natural. En contraposición as obrigas fiscais, a idade legal de escolarización, os requisitos para contraer ou disolver un matrimonio… serían dereito positivo, un pacto social nun momento histórico determinado.
Ven esta distinción a propósito da dificultade de establecer criterios e interpretar o dereito e a constatar unha evidencia: unha lei formalmente xusta non o ten porque selo canto ao seu contido. Outro exemplo: o proceso de enxeñería social levado a cabo nos anos 30 polo goberno nazi e os colaboracionistas gozou dun amplo respaldo social e cumpriu os requisitos formais fixados na constitución de Weimar.
Por tanto a democracia, entendida como un sistema político que fai recaer a soberanía sobre o pobo, naceu morta. A democracia nin existe nin pode existir pola sinxela razón de que o pobo é una miríada de persoas, clases, intereses totalmente heteroxéneos e dispares. Pola contra poida que existan intereses das clases populares.
Voltamos de novo ao terreo da casuística: o pasado martes, durante o transcurso dunha manifestación en Santiago de Compostela en favor da casa blasonada na Algalia de Arriba, puidemos presenciar violentos altercados entre Policía Nacional e manifestantes que se saldaron con feridos e un detido.
O colectivo Escarnio e Maldizer okupara hai tres anos o devandito inmoble, de titularidade privada, co obxecto de habilítalo como un espazo social e cultural.
Se revisamos na norma superior do noso ordenamento xurídico podemos ver como a Constitución recolle no seu art. 33 o dereito á propiedade privada e no art. 47 o dereito ao disfrute dunha vivenda digna e axeitada.
Para máis inri os propietarios do local procederon a tapiar por orde xudicial a casa okupada e agora enfróntanse a un expediente disciplinario promovido polo Concello de Santiago. As paredes e fiestras foron tapiadas con bloques de formigón, nunha actuación que para o concello non se axusta ao plan especial da zona monumental.
O concello e a administración de xustiza pásanse un por enriba dos outros, a policía anda a paos cos manifestantes e nós seguimos sen saber que demos e iso do pobo. O único que nos queda claro a nestes intres é que á sociedade na que vivimos non deixa de ser unha contradición permanente.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



