Xove 1-6-17. Esta vindeira fin de semana, sábado 3 e o domingo 4 de xuño, vaise desenvolver en Xove, na praia de Esteiro, o OPEN DE SURF “ESTEIRO EN XOVE”.
Trátase dun campionato organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración da Federación Galega de Surf, Concello de Xove e Cerveza Mahou; este Open está encravado tamén dentro do Circuito Galego de Surf. Trátase dun Open, unha competición aberta a surfers doutras comunidades, non é unha competición exclusiva para galegos.
Na competición van estar representadas tódalas modalidades (surf, body board, long board e paddle surf) e tódalas categorías (dende infantil ata master).
Na parte competivida inscribíronse 150 surfers. A competición vai comezar o sábado 3 ás 9:00 h, desenvolvéndose durante todo o día sen interrupción ata as 21:00 h. O domingo 4 tamén comezará a competición ás 9:00 horas, contándose que esté rematada, coa entrega de premios e trofeos, tamén sobre as 21:00 h.
A organización ten disposto para este campionato en concepto de premios 1.000 €uros en metálico e outros 1.000 €uros en material deportivo; ademais dos correspondentes trofeos que correrán a cargo da Federación Galega de Surf.
Durante a competición contarase coa presenza do Entrenador da Federación Galega de Surf Milo Castelo, que vai aproveitar para facer unha preselección para formar parte da Selección Galega de Surf.
Un feito moi importante para este Open é a presenza de ERIC REBIERE, TRES VECES CAMPIÓN DE EUROPA de Surf, exTop 44 mundial e surfista de olas grandes da recoñecida mundialmente Ola de Nazaré en Portugal.
A organización ten disposto para todos os deportistas e acompañantes unha serie de actividades lúdicas; neste sentido, vai haber música nocturna e tamén vaise realizar unha parrillada popular.
Colaboran con este Open: “55 Albo Sneakers”, “Sensación Surf Escola”, “Hola Ola Sur Escola”, “Palagua Surf Shop”, “Ortegal Surf Escola”, “Oxígeno Surf Shop”, “Surf Market” e “Gamus Surf Escola”






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
