Lugo, 8 de xuño 2017.- A sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle durante as próximas –ata o día 29- e dende onte, unha exposición colectiva coa obra de nove artistas vinculadas á Mariña. As autoras participantes son Cristina Basanta, Lucía Catuxo, Zilí Katova, Renata Otero, Alicia Puchades, Pilar Rei, Eva Rivas, Laly Santos e Lucía Vila.
A exposición Ser visibles. Escoitar imaxes, retratar palabras, tivo o seu xerme o pasado mes de abril na Semana das artes plásticas da Mariña celebrada no Cenima de Foz, e trasládase agora á capital para “continuar reivindicando o traballo destas artistas”, segundo afirmou o delegado territorial.
Balseiro incidiu na necesidade de “estender a visibilidade da muller en todos os campos de actividade, entre eles como creadora e como motor das industrias culturais de Galicia”.
A mostra está integrada por pinturas, collages e cerámica, con variedade de materiais, elaboración, inspiración e estilos, “o que a converte nun espello do talento e da diversidade da expresión artística que ofrece A Mariña”.
A exposición permanecerá no edificio administrativo da Xunta en Lugo e pode ser visitada en horario de mañá e tarde de luns a venres, e os sábados pola mañá.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



