Sr. Llano: Con todo o respecto, estase Vde. quedando sen crédito e sen credibilidade. Vou tentar demostrarllo con un tema que a Vde. lle gusta: Celtaprix.
Vde. está instalado na megalomanía de que o único salvapatrias é Vde., e que os demáis ou somos de Oriente (como dixo no pleno do 30 de maio), ou aldeanos (como lles dixo ós afectados polo fiasco de Arcadio Pardiñas), ou parvos. Por eso estivo usando hasta agora o trasegado asunto de Celtaprix para sacar rédito político e de paso para tratar de desprestixiar ó PP e a quen asina.
Lendo a nota de prensa que Vde. emitiu o 23 deste mes, hai que concluir que Vde. é o rei do absurdo. A Vde., Sr. Llano, púxoo a temblar un auto xudicial que lle decía que ou pagaba o que lle debía á empresa ou ía directo á fiscalía. Encolléronselle, e pagou, ¡vaia se pagou!. E ousa decir que non pagaba “para garantir que os traballadores cobrasen”…Pretendía garantir Vde. que os traballadores cobrasen quedándose cos cartos que a empresa tiña que destinar para pagarlles? Pero con quén cré que fala?
Vde. non sabe mui ben qué é un concurso de acreedores. De sabelo, non insistiría en preguntarme o porqué o concello non reclamou en 2012. Pois porque o concello non era acreedor, a-cre-e-dor, entende, Sr. Llano? Revise a lei concursal, porque falar por falar trae estas cousas. E por riba dice que lle parece “…grave que se estea facendo unha defensa dunha empresa por parte dun ex alcalde, que estivo moi relacionado con Celtaprix…”. En primeiro lugar, se Vde. entende que eu tiña ou teño relación coa empresa, xa está tardando en ir ó xulgado ou á fiscalía, e si non, chitón. Segundo, e para que quede clara dunha vez a postura do PP neste asunto, lea a acta da sesión plenaria de 29/04/2016, na que di textualmente que un servidor “recoñece a obriga desta administración de proceder a resolver o contrato asinado cunha empresa que entra en fase de liquidación concursal, non poñendo obxección a dito extremo. Por outra banda, critica a forma na que se determina o importe da indemnización por danos e perdas ocasionados ao concello, …, ao non definir de xeito conciso a orixe do importe reclamado.” Terceiro, nas demáis sesións celebradas sobre este asunto sempre mantivemos a mesma postura. Cuarto, só houbo un alcalde en Burela que lle modificara o contrato a Celtaprix, en 2008, incrementando o precio en 73.000’00€/ano (será bón recordar tamén que só houbo un alcalde en Burela que lle ampliara o contrato a Espina y Delfín, meses antes das eleccións municipáis de 2011). Quinto… ¡vaia, home, pero se ese alcalde foi Vde., Sr. Llano! Por favor, non nos diga por qué o fixo, non sería creible; tampouco lle imos preguntar qué intereses o moveron a facer o que fixo, Vde. saberá. Pero con eses antecedentes… Sexto, díganos cándo calcula Vde. que o concello cobrará o que Vdes. reclaman (parvos, parvos, non somos, cobrarlle a unha empresa que está en liquidación é pouco menos que imposible).
E sétimo… Reclamarlle á empresa o que se entende que nos poida deber non impide personarse na liquidación, porque precisamente é cando hai que personarse… E VDE. NON PERSONOU Ó CONCELLO NO PROCESO DE LIQUIDACIÓN DE CELTAPRIX. Por qué, Sr. Llano?
Primeira conclusión, Vde. estivo mareando á xente con este tema facendo política, pero sen facer o que tiña que facer, para variar…. Segunda, non cobraremos nunca nada, porque este asunto rematará nos xulgados e por riba custaranos cartos. Terceira conclusión e última, Vde. non tén nin crédito nin credibilidade. Ah, unha cuarta, xa ve que parvos non hai moitos… E aproveitando os seus numerosos e insulsos chascarrillos, pero que dan moito de si, un respecto ós de oriente e ós aldeanos.
Atentamente, JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA, exalcalde e portavoz do Grupo Municipal Popular de Burela.
PD.- Está gobernando Vde. e é Vde. o que tén que asumir responsabilidades, Sr. Llano. Non se esforce, non o vai facer.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



