Lugo, 4 de xullo de 2017. Lugo acolleu este martes a cerimonia de inaguración dos XII Xogos do Eixo Atlántico, que por segunda vez na historia desta cita deportiva, e por primeira vez en Galicia, se celebran simultaneamente en tres cidades, Lugo, Sarria e Monforte. En total nestes xogos participarán 1850 mozos e mozas menores de 16 anos, o que os converte nos segundos máis participativos da súa historia, e contarán coa presenza de 29 municipios de Galicia e Portugal, 14 galegos -ademais de Lugo, Monforte e Sarria, Ourense, Pontevedra, O Carballiño, Santiago, Barco de Valdeorras, Carballo, Vigo, Vilagarcía, Riveira, Narón e A Coruña- e 15 lusos -Macedo de Cavaleiros, Matosinhos, Porto, Famalicão, Braga, Peso da Régua, Braganca, Maia, Vila Nova de Gaia, Vila Real, Valongo, Viana do Castelo, Guimaraes, Eurocidades Chaves-Verín e Santa María da Feira-.
O acto arrincou cun desfile, dende a Praza de San Marcos ata a Praza de Santa María, pasando pola Praza Maior, onde a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Río, izaron a bandeira deste evento deportivo. Ademais das delegacións dos deportistas, nesta ocasión na marcha participaron catro elementos etnográficos da Eurorrexión. Abriron o desfile unha representación de romanos de Lugo -das asociacións Cohors III Lucensium, Guardia Pretoriana, Senatus Lucus Augusti e Lucus Equites-; polo medio incorporáronse os cabezudos da Nosa Señora de Agonía (Viana do Castelo), despois os cigarróns de Verín e, por último, os caretos de Macedo de Cavaleiros e Bragança. O desfile, no que tamén participou Cantigas e Frores rematou na Praza de Santa María, onde tiveron lugar as intervencións a cargo da rexedora de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Dampos, e o Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Río, nun acto ao que tamén asistiu a Alcaldesa de Sarria, Pilar López, o rexedor de Monforte, José Tomé, e o Secretario Xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, así como o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, entre outras autoridades.
No transcurso do acto, Méndez, deulle a benvida á cidade ás diferentes delegacións e desexoulles moita sorte nesta competición, que ademais de promover a sana práctica deportiva cohesiona os municipios do Noroeste Peninsular e contribúe a vertebrar o territorio. Así mesmo pediu non perder a perspectiva do que este acontecemento supón para toda a Eurorrexión, “fixo máis por sentirnos europeos o Erasmus que un millerio de reunións. Fan máis os Xogos por sentirnos veciños da Eurorexión, que un milleiro de seminarios”. Para rematar pediu respecto e compañeirismo aos mozos e mozas nas distintas competicións
Pola súa banda, Campos agradeceu “a todos e cada un dos case 2.000 rapaces e rapazas dos 29 municipios por facer realidade a celebración en Lugo a duodécima edición desta proba deportiva única en Europa, e por facelo en diferentes escenarios de tres concellos emblemáticos da nosa provincia, como son o de Lugo, Sarria e Monforte de Lemos”. O mandatario provincial, quen lles desexou moita sorte, convidounos a gozar tanto do deporte como da provincia.
Distincións
Durante a cerimonia de inauguración fíxose entrega do trofeo do Xogo Limpo Nelson Cardoso á delegación do municipio de Vila Nova de Gaia. Ademais entregouse uunha placa conmemorativa a modo de homenaxe a dous funcionarios da área de deportes, un galego, Miguel Domínguez, e outro portugués, Vicente Sousa, pola súa implicación nas actividades de promoción do deporte impulsadas desde o Eixo Atlántico.
Competicións en 7 modalidades
As competicións arrincarán mañá e prolongaranse ata domingo. Lugo acollerá as modalidades de fútbol, no campo municipal das Gándaras, baloncesto, no Pazo Provincial dos Deportes, atletismo e atletismo adaptado, nas Pedreiras, e natación e natación adaptada nas piscinas municipais de Frigsa. Pola súa banda, as competicións de voleibol celebraranse en Monforte e as de balonmán e ximnasia rítmica, deporte novidade desta edición, en Sarria. Por último a clausura terá lugar o día 9, no Vello Cárcere, data na que tamén se celebrarán as finais.
Deporte e promoción da cultura
Un aspecto a destacar desta edición é que por primeira vez se vai integrar a celebración dos Xogos coa promoción da cultura do país no que non se celebra a competición, neste caso Portugal. Nesta edición, e a través dun acordo establecido entre o Eixo e o Instituto Camões de Vigo están previstas distintas actividades culturais durante a semana dos Xogos en Lugo, Sarria e Monforte. Así, haberá exposicións sobre a cultura e a historia do cine en portugués en Sarria e Monforte; e en Lugo o Vello Cárcere acollerá a proxección dun filme portugués e de curtas e unha peza de teatro dedicada á lingua portuguesa.
Retorno económico
É a primeira vez que esta cita deportiva, cun retorno económico aproximado de 700.000 euros entre os tres lugares, ao ser capaz de reunir a preto de 6.000 persoas entre participantes e organizadores, se celebra en Lugo. Faino grazas aos Concellos de Lugo, Monforte de Lemos e Sarria, a Deputación de Lugo e o propio Eixo Atlántico.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
