Barreiros, 6 de xullo de 2017. A asemblea veciñal convocada na tarde noite de onte polo Bloque Nacionalista Galego en Barreiros para valorar a situación do concello e recoller o sentir da veciñanza de cara ao pleno extraordinario que se terá que celebrar tras a solicitude da formación nacionalista reuniu a un cento de persoas que “constataron o que xa imaxinábamos: que hai un malestar inmenso pola deixadez e a mala atención do goberno municipal aos problemas do municipio”, sinala a Portavoz municipal, Ana Ermida.
No desenvolvemento da asemblea sairon temas tan dispares como a situación das praias ou a xestión dos servizos municipais, cada vez máis privatizados e a súa repercusión na economía municipal.
“As persoas que asistiron, que ademais tiveron moita participación, trasladáronnos o seu enfado e tamén a súa decepción por unha situación de abandono xeralizado do concello. Pero tamén insistían moito na falta de alguén que solucione os problemas e que escoite as súas demandas”, explican.
Ana Ermida comprometeuse en nome do BNG a seguir informando á veciñanza. “Estas reunións deberían estar convocadas polo grupo de goberno, que é quen manexa a información e ten a obriga de dar explicacións. Pero se non o fan, facémolo nós. Seguiremos trasladando as nosas posturas, a información que teñamos e dando participación á xente.”
Neste sentido, xa anunciaron a convocatoria de máis asembleas similares á de onte e animaron a todas as persoas presentes onte a acudir ao pleno extraordinario, cuxa convocatoria será publicitada polo BNG, e a mobilizar ao resto de veciñas e veciños para que se faga realidade en Barreiros que o pobo sexa quen máis ordene”, manifestaron.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



